16 de feb. de 2023

ENTROIDO


Ó noso centro habían de chegar tamén as sobremesas de Antroido, e aí as tedes, recén feitiñas e coa explicación paso a paso para que poidades facelas na vosa casa!

15 de feb. de 2023

IGUALDADE

 Antes de existiren o rap ou as pelexas de galos, xa se improvisaban versos mordaces e pícaros cun afán lúdico e competitivo. Saber regueifar, polo tanto, implica desenvolver competencias discursivas, a orixinalidade, a improvisación, o ritmo, e por suposto, o humor. A través deste obradoiro




preténdese non só traballar sobre estas competencias, senón facelo tamén sobre valores sociais como o ecoloxismo, a igualdade de xénero, o respecto pola diversidade funcional e a axuda mutua.Aproveitando o tempo de entroido, o luns 13 de febreiro, contamos coa inestimable colaboración da regueifeira Alba María. Grazas ao seu taller, o alumnado de 2C puido adquirir as ferramentas esenciais para atreverse a compoñer unhas reigueifas; mesmo a protagonizar unha batalla dialéctica ao máis puro estilo da celebrada cada entroido entre os veciños e veciñas das parroquias de Mormentelos e Catiñeira, na comarca ourensá de Trives.


14 de feb. de 2023

Temos unha semana cargadiña de actividades, e entre elas a que preparou a nosa profe de historia, Carmen Cuquejo: Cartas dende a trincheira. O alumnado de 4 ESO preparou cartas como se foran soldados da primeira Guerra mundial, e mirade que bonitiñas quedaron.


13 de feb. de 2023

Sostibilidade

 Dende o departamento de música comezou a proposta de traballar a contaminación acústica, e xa o temos como un proxecto do Chivite. Aí van uns carteis que fixo o alumnado de 1ESO



9 de feb. de 2023

A nena e a muller na ciencia

 E en tempo de Entroido tamén andamos a outras cousas, pois xa temos listdende o centro e grazas á coordinación e profesora de física, Nuria Trigueros, os debuxos para o concurso da Muller e a nena da ciencia.


6 de feb. de 2023

Entroido

 Imos quentando motores ata o Entroido! Este ano temos novidades fotográficas e culinarias




😁

3 de feb. de 2023

SOSTIBILIDADE

 Hoxe pola mañá tivemos no noso centro a Rubén Riós, presentando o seu libro e a súa serie documental Arrieiros somos,unha aposta polo rural e pola visibilización de todo o noso patrimonio achegándoo á mocidade.