14 de mar. de 2023

SOSTIBILIDADE

 Dende o departamento de Tecnoloxía  con César Sánchez, tamén se suman ó programa de Sostibilidade e xa teñen eleborados uns podcast sobre a fauna e a flora de Verín de Marco Lorenzo, Noa Rodríguez e Uxía Rúa.

O alumnado recibiu inicialmente unhas nocións teóricas en canto aos tipos de formatos empregados en audio e como poder gravar e editar.

Fauna e flora de Verín


10 de mar. de 2023

IGUALDADE E FEMINISMO

 Rematamos a semana do 8M cuns marcapáxinas que fixo o alumnado de 2Bac de Lit.Galega.do Séc.XX co lema "Mulleres que marcan" para non esquecermos o grande labor de mulleres galegas  como Isabel Barreto, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán.Podedes ir á Biblioteca recoller o voso!





8 de mar. de 2023

IGUALDADE E FEMINISMO

 A choiva hoxe non nos parou e saímos á concentración organizada polo CIM de Verín , ademais o alumnado de 4ºESO deseñou uns carteis para o Día da muller.

 







SOSTIBILIDADE

Máis traballos do alumnado de 3ºESO achégannos as consecuencias dos incendios forestais, mesmo dos que este ano devastaron Verín.














 

3 de mar. de 2023

SOSTIBILIDADE

 Seguimos con actividades dentro do contrato programa de SOSTIBILIDADE, e neste caso da man da profesora Carmen Cuquejo e do alumnado de 3ºESO que estivo traballando sobre os incendios.



















28 de feb. de 2023

SOSTIBILIDADE

 Seguimos traballando na contaminación acústica e ademais incluíndo criterios de sostibilidade en todo o que facemos, empregando en EPeV material reciclado de caixas de cartón coa profesora Rebeca para celebrarmos os 50 cabodano de Picasso.







27 de feb. de 2023

Entroido

 Ben seguro que tedes unha chea de fotos do Antroido para poder presentar ó Concurso, apurade!