24 de out. de 2016

GREASE!!

Despois de Los MiserablesMoulin RougeMamma Mia e Hoy no me puedo levantar  (vídeos nesta ligazónarranca o quinto musical que vai ser representado no IES Taboada Chivite. 
Trátase da nosa versión de Grease, o famoso musical dos anos setenta (aínda que ambientado nos anos cincuenta-sesenta do pasado século nos Estados Unidos), que nos conta a historia de amor do rebelde Danny Zuko e a inocente Sandy Olsson . Ambos coñécense durante o verán e ó despedirse ninguén deles pensa que será posible atoparse de novo..... Mais están trabucados....
Tras Mamma Mia, será o noso segundo musical integramente en lingua galega. Xa tendes as letras de todas as cancións, para que vaidaes ensaiando:





Todo en marcha para que cara ó terceiro trimestre poidamos levar ó escenario Grease en galego. Oxalá vos guste!!!!!


Isabel Cota

A RODA DOS ALIMENTOS


 A roda dos alimentos describe a importancia relativa na nosa dieta dos diferentes grupos de alimentos, mediante o distinto tamaño dos correspondentes sectores. Os sectores que teñen a mesma cor inclúen alimentos que realizan funcións semellantes: 
- Cor amarela: Grupos I e II con función enerxética.
- Cor vermella: Grupos III e IV con función plástica.
- Cor verde: Grupos V e VI con función reguladora.
Os alimentos que deben consumirse en ocasións esporádicas, aparecen representados cun tamaño reducido respecto aos de consumo frecuente. Ademais, inclúe unha mención explícita ao exercicio físico e a necesidade de inxerir auga en cantidades suficientes para ter unha dieta saudable. 
A continuación aparecen as imaxes das rodas de alimentos realizadas por los alumnos de 3º ESO:​

15 de out. de 2016

CAMPAÑA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS


Os alumnos de 1º de Bacharelato, na materia de Anatomía, deseñaron e expuxeron carteis para concienciar a poboación sobre a importancia  de doar órganos

13 de out. de 2016

CONCURSO EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA: IMPACTOS DO HOME SOBRE O MEDIO

O obxectivo desta convocatoria e visibilizar e denunciar o impacto humano sobre o medio no  noso contorno. A temática das fotografías incluirán problemáticas tales como emisións contaminantes, incendios, talas masivas, vertidos incontrolados, caza abusiva, construcións ilegais, vertedoiros ilegais...
·                  Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente)
·                  Formato dixital. As fotografías enviaranse a ofiadeirodalingua@gmail.com dende hoxe ata o 10 de xaneiro. Na mensaxe incluirase o nome do autor/a
·                  Cada fotografía debe incluír un título, a localización e unha explicación (máximo 140 caracteres)
·                  Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías
·                  As fotografías presentadas serán expostas nos taboleiros do instituto, no blog do EDLG ofiadeirodalingua@gmail.com, e na revista Faíscas


·                  Haberá agasallos para as que o xurado seleccione como as mellores

4 de out. de 2016

MODELOS DE CÉLULAS EUCARIOTAS ANIMAIS

O alumnado de 3º ESO aprende a recoñecer a estrutura das células eucariotas animais mediante a realización de modelos celulares en cartulina