18/11/2011



O NOSO TABOLEIRO

Dende o mes de setembro estamos a facer un novo taboleiro que leva por nome "A Nosa Lingua".
Coa inestimable colaboración do profesor do Departamento de Plástica e Debuxo, Javier Díaz García, os alumnos de 1º da ESO elaboraron  diversos debuxos e murais alusivos a historia e a lingua de Galicia que serviron para ilustrar o poema completo do poeta e escritor galego Darío Xohán  Cabana que leva por título "A Historia da nosa Lingua".





Ver murais e debuxos  do alumnado de 1º da ESO, baseados nas ilustracións de "Apuntes sobre a historia de Galicia" editado por  "A Nosa Terra". Ver tamén  Debuxos individuais .


08/11/2011

CONCURSO TARXETAS DE NADAL




CONVOCA:

CONCURSO DE TARXETAS DE FELICITACIÓN 
PARA O NADAL. 

BASES:
  1. Poderá participar todo o alumnado do IES. 
  2. Presentarase una soa tarxeta por persoa. 
  3. Poderase empregar calquera tipo de material. 
  4. A lingua empregada debe ser o galego. 
  5. O formato final será de 10,5 x 15 cm. 
  6. Haberá una tarxeta gañadora, que será a que se imprima e represente ao noso Centro como felicitación oficial para o Nadal . 
  7. O gañador ou gañadora, será galardoado cun lote de libros e un diploma acreditativo.
  8. O último día de entrega das tarxetas é o 25 de novembro na aula de plástica e debuxo aos profesores responsables. 

04/11/2011


        4 de novembro - Día da Ciencia en Galego

       Para  poñer en valor o uso do galego no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística  propúxonos esta videoconferencia do investigador galego: Ánxel Carracedo, vía web, para escolares de secundaria.


      Ángel Carracedo  mediante videoconferencia deu unha clase maxistral  no IES Xesús Taboada Chivite a alumnos de 4º Eso e 1º Bacharelato sobre:  "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial". Esta experiencia resultou do máis interesante.

Fotos da videoconferencia.ofiadeirodalingua

Agradecer a inestimable colaboración do Departamento de Ciencias, Vicedirección e profesores asistentes á conferencia.




      Hoxe ás 12.30 o alumnado de 4º da ESO e 1º bacharelato asistirán a unha videoconferencia:  "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial"  impartida por Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e   director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.

02/11/2011

Cousas da Morte


     

     Parabéns para o Grupo de teatro do  IES :  a adaptación da obra de teatro Cousas da morte” de Euloxio R. Ruibal foi magnífica e moi apropiada. 
     A continuación tedes un enlace para ver as fotos, e un vídeo  1º parte e 2º parte completo da obra.

Concurso de cabazas 2011



    Parabéns para as gañadoras no concurso de cabazas do Samaín : Uxía Lamas e María Pérez de 1º ESO C.

    Enlace para ver as fotos.