Amosando publicacións coa etiqueta IGUALDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IGUALDADE. Amosar todas as publicacións

13 de xuño de 2021

OS PELIQUEIROS SON A FIGURA PRINCIPAL DO ENTOIDO DE LAZA, PERO, POR QUE NON SE VEN MOITAS PELIQUEIRAS?

Este vídeo foi realizado pola alumna de 1º BAC, Noa Sobrino Lamas, para a materia de Literatura Universal.

A continuación, aparece unha reseña, escrita por ela mesma, na que nos comenta o seu proxecto:

Hai anos, as mulleres non adoitaban reflexionar sobre a súa posición, e simplemente adoptaban os papeis que lles impuñan. Así pasaba no Entroido, onde facían e repartían a famosa bica de Laza e colocaban un dos seus panos nas costas dos peliqueiros. Por outra banda, non calquera era quen de por o traxe, pois alquilábanse por horas e era moi caro. Para poder permitirse ese luxo, os homes debían traballar moi duro e aforrar. No caso das mulleres era máis complicado: ou ben non traballaban ou cobraban menos que os homes, polo que era casi imposible que acadaran esa suma de cartos. A medida que se foron facendo máis traxes e o prezo foi baixando, incrementáronse as oportunidades. Hoxe en día a situación non é tan diferente; non se espera das mulleres que saian peliqueiras de pura raza, é común pensar que a medida que vaian crecendo, van perder a paixón polo traxe.

Este poema honra a todas esas peliqueiras que non se deixan cohibir, en especial a Benita Canteira, moi soada en Laza e admirada por todos.

Escrito, nunha lingua fonética e autóctona do Entroido de Laza.


11 de xuño de 2021

INTERPRETACIÓN EN LINGUAXE DE SIGNOS DA CANCIÓN "FRONTEIRAS" DE GUADI GALEGO, GAÑADORA DO CONCURSO "CANTAMOS CON LAS MANOS" DA FAXPG

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) promoveu o concurso "Cantamos con las Manos" no que o noso foi premiado con este vídeo, que é unha interpretación en linguaxe de signos da canción de Guadi Galego, "Fronteiras".
Parabéns!!!

9 de xuño de 2021

BERRO COLECTIVO A FAVOR DA LIBERDADE FEMININA

Vídeo contra a violencia de xénero realizado polo alumnado de 2º BAC de Literatura Galega do XX e do XXI.

29 de mar. de 2021

AS ESCRITORAS GALEGAS NAS AULAS





O Día da Muller, varias rapazas caracterizáronse de cinco escritoras galegas, e foron polas aulas, falándolle ao resto do alumnado das súas vidas e obras. 
María Mariño, Xela Arias, Concepcion Arenal, Emilia Pardo Bazán e Rosalía De Castro cobraron vida grazas as nosas alumnas Omaima, Natalia, Sara Xing, Marina e María que achegaron a obra destas autoras ao resto do alumnado. Bravo rapazas!!

19 de mar. de 2021

PROGRAMA 9 DE RADIOCHIVITE



Noveno programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense), correspondente ao mes de marzo de 2021.
Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Desta volta fan fincapé nas actividades que o centro realizou co gallo dos "21 días co galego e +".
Novas científicas: con Nuria Barreira, de 1º ESO A
Co selo galego: realizado por Uxía Pérez, de 1º ESO A.
Adiviña quen é: presentado por Carla Rosas e Sara Xing Moredo, de 1º BAC C
As nosas dúbidasXabier Alonso, de 1º BAC C, resolve dúbidas consultando ao profesorado. Neste programa fala coa profe de Inglés Rosa Salgado.
Roda de palabras en galego, da profesora Rosa Alonso, de Lingua Galega.
Teatro nas ondasOumaima Fathallah e Miguel Quintas (2º BAC), membros do grupo de teatro do centro, "A tecedora de soños", interpretan un anaco da obra de Buero Vallejo La tejedora de sueños , cunha introdución especial feita polo profesor de música David Rodríguez.
- As nosas entrevistas:
David Salgado entrevista a Clara Cid Bengoa, enxeñeira de camiños, antiga alumna do Chivite.
Paula Gago entrevista a Anxo González Guerra, catedrático xa xubilado de Lingua e Literatura Galega, grande coñecedor e divulgador da nosa lingua.
Bibliochivite: Celebramos o 8M coa aparición de varias das escritoras máis importantes da nosa historia, que reviviron grazas a Sara Xing Moredo, María GuerraNatalia CotaMarina Gómez (1º BAC) e Tania Guerra (2º ESO)

16 de mar. de 2021

SARAH GILBERT E A VACINA OXFORD/ASTRAZENECA POR NATALIA COTA E LAURA DOSANTOS DE 1º BAC A

 Se queres ter máis información sobre Sarah Gilbert e a vacina de Oxford/Astrazeneca consulta esta presentación realizada por dúas alumnas de 1º de bacharelato:

Tamén podes consultar o seu traballo de word, premendo nesta LIGAZÓN

12 de mar. de 2021

OMAIMA LIMANE , DE 3º ESO B, NA ENTREGA DE PREMIOS VIRTUAL DO CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

 



Hoxe, día 12 de marzo,  tivo lugar a entrega de galardóns aos premiados no Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Entre os premiados estaba a alumna de 3º ESO B, Omaima Limane Limane, que acadou o segundo premio na modalidade de redacción cunha peza sobre Rosalind Franklind. 

Se queredes coñecer aos premios doutros centros, premede nesta LIGAZÓN

9 de mar. de 2021

"MATRIARCAS", DE GUADI GALEGO EN LINGUAXE DE SIGNOS

 


A profesora de Audición e Linguaxe, Patricia Montesinos, realizou unha montaxe sobre o tema de Guadi Galego "Matriarcas", na que a alumna de 1º ESO, Rubí Suárez Vargas, interpreta a linguaxe de signos.

Para ver o vídeo, premede nesta LIGAZÓN

8 de mar. de 2021

COÑECENDO "PIONEIRAS GALEGAS" GRAZAS A RUBÍ SUÁREZ VARGAS DE 1ºESO


Este vídeo, que inclúe linguaxe de signos, presenta os perfís de diferentes mulleres singulares recollidos no libro Pioneiras de Edicións Xerais.

HOMENAXE ÁS AVOAS DO ALUMNADO DE 2º ESO C


No Día da Muller, homenaxe ás avoas de alumnado de 2 ESO do IES Taboada Chivite (coa súa profe Tamara Varela)

AS NOSAS MESTRAS EN ÍTACA

Conmemoración do Día da Muller Traballadora: “As nosas mestras en Ítaca” Vídeo homenaxe a seis compañeiras do noso centro que xubilaron recentemente. Neste vídeo fan unha pequena reflexión do seu paso polo mundo do ensino: aspectos positivos e negativos, e se senten morriña. 

12 de feb. de 2021

OMAIMA LIMANE LIMANE DE 3º ESO B, PREMIADA CO SEU RELATO SOBRE ROSALIND FRANKLIN

 


A alumna de 3º ESO B, Omaima Limane Limane, foi galardoada co segundo premio, no Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organizado pola campus de Ourense da Universidade de Vigo, na modalidade de redacción, cun relato sobre Rosalind Franklin.

A entrega de premios tiña que celebrarse o día 11 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, pero pospúxose para o día 8 de marzo pola situación sanitaria actual. Se ese día non pode ter lugar de xeito presencial, realizarase por videconferencia.

Escoitaredes o seu relato no programa do mes de marzo de RadioChivite, a radio do noso centro.

Se queredes consultar máis información sobre outros premiados no concurso, premede na seguinte LIGAZÓN

10 de feb. de 2021

A MATEMÁTICA MILEVA MARIC, POR ANA GAGO

Coñeces a Albert Einstein? E á matemática Mileva Maric?
Se queres saber algo máis desta científica visualiza este vídeo realizado por Ana Gago de 1º ESO:

8 de feb. de 2021

ISABEL ZENDAL E MARIE CURIE

Aproxímase o Día da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), por iso, ao longo desta semana publicaremos os vídeos realizados por varias alumnas de 1º ESO sobre pioneiras científicas.
Hoxe comezamos con:
Diana Calvo e Martina Dosantos que se caracterizaron de Isabel Zendal e Marie Curie, respectivamente, para narrar en primeira persoa as súas vidas.

26 de nov. de 2020

ENTREVISTA A ISABEL ALONSO, "FENÓMENA" DO RURAL,SUPERAVOA DE OÍMBRA

 


Entrevista a Isabel Alonso, "fenómena" do rural, superavoa de Oímbra.

Moitísimas grazas por ternos concedido esta entrevista.

Toda unha lección de vida.

15 de maio de 2020

IGUALA-T NO CHIVI-T, O BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA POTENCIAR A IGUALDADE NO NOSO CENTRO


Hoxe queremos darvos a coñecer o blog "Iguala-T no Chivi-T" que pretende dinamizar o respecto pola diversidade, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.
Desde o Departamento de Orientación agradecen calquera iniciativa relacionada coa igualdade que os membros da comunidade educativa do Chivite queiran facer,
Para entrar neste blog, que pretende contribuír a potenciar a igualdade no noso centro, premede na seguinte LIGAZÓN

12 de mar. de 2020

BLOG MULLERES SINGULARES DA COMARCA DE VERÍN


Despois de realizar unha exposición no noso centro sobre mulleres singulares na Comarca de Verín, coincidindo co Día da Muller (8 de marzo), decidimos crear un blog con toda a información e imaxes recompiladas.
O noso obxectivo é compartir de xeito permanente as biografías desas mulleres excepcionais que fixeron e fan historia nesta comarca.
Agradacemos que nos acheguedes datos e fotos de mulleres do nosa contorna que tiveron ou teñen relevancia pola súa traxectoria vital para incluilas neste blog.  Podedes aportar esta información enviando un correo a: mulleressingularesverin@gmail.com.

Podedes acceder ao blog "Mulleres Singulares da Comarca  de Verín" premendo nesta LIGAZÓN.

9 de mar. de 2020

DEBATE SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO CON ROSA TALLÓN, FISCAL E ANTIGA ALUMNA DO CHIVITE.


Hoxe, 9 de marzo, ás 17:00, no IES Taboada Chivite, tivo lugar un debate sobre igualdade de xénero coa fiscal Rosa Tallón (antiga alumna do noso centro). Asistiu o alumnado de 4º ESO. 
Rosa Tallón respondou dun xeito cordial e cunha linguaxe sinxela a todas as cuestións que lle plantexou o alumnado.
Moitas grazas por vir! 

MULLERES INVENTORAS


A Biblioteca do IES Taboada Chivite organizou, co gallo do Día da Muller, unha estupenda actividade que nos permitiu descubrir cinco mulleres inventoras cuxos inventos son esenciais nas nosas vidas. As alumnas (e grandes actrices) Sara Xing Moredo, Laura Seoane, María Guerra, María Justo e Oumaima Fathallah deron vida a esas mulleres ante alumnado de 2°, 3° e 4° ESO. Entraron nas súas clases convertidas en:
Marion O' Brien, de Indiana, que inventou o cueiro de celulosa.
Josephine Crichane, de Ohio, que inventou o lavalouza.
Leticia Mumford Geer, de Nova York, que inventou a xeringa.
Ángela Ruiz Robles,de Ferrol, que inventou a enciclopedia visual.
Josefina García, de Porto do Son, que inventou o tecido impermeable.
Parabéns á Biblioteca!!!!!!

Podedes ver imaxes desta actividade premendo nesta LIGAZÓN