28 de maio de 2014

27 de maio de 2014

SOLO E RECURSOS MINERAIS


A semana pasada, tres alumnos de 1º de Bacharelato B realizaron unha exposición sobre o solo: Ana Justo, Ismael Lamas e Ana Vázquez. Para representar o perfil do solo, utilizaron unha torta.Así describiron a experiencia:

"Para realizar unha pequena parte da nosa exposición de ciencias do mundo contemporáneo sobre o solo decidimos apoiarnos sobre un pequeno experimento: unha torta.
A nosa idea inicial era con rochas, varios tipos de terra e herba realizar unha maqueta máis real dos horizontes que conforman o solo, pero tras varios intentos o resultado non nos convenceu e decidimos cambiar a idea. A Ismael ocorréuselle que podíamos realizar unha torta de forma que se distinguisen varias capas nesta.
Para comezar mercamos todos os ingredientes. Para realizar os horizontes C e D, conformados por rochas, usamos galletas María mergulladas en leite como base da torta. Para realizar o horizonte B, dunha cor marrón clara compramos un biscoito e dividímolo en tres partes para meterlle nata por dentro, para que o sabor fose máis doce. Para o horizonte A, de cor marrón escuro, compramos biscoito de chocolate, e tamén o dividimos en tres partes salvo que nesta ocasión untámoslle crema de cacao. E por último para representar o horizonte O bañamos a torta en xarope de chocolate e puxémoslle flores de adorno e algúns debuxos.
O resultado do experimento a parte de delicioso foi magnífico! "



23 de maio de 2014

CONCURSO INSPIRACIENCIA

Os seguintes relatos do noso alumnado foron preseleccionados para ser votados no concurso Inspiraciencia. Entrade en www.inspiraciencia.es
A reflexión de Ramón y Cajal de Carlota Vega
O sorriso de mamá de Noa Fernández
Camiño de Lembranzas de Cristina Salgado

22 de maio de 2014

VISITA ANA ISABEL RONCERO

O pasado 7 de maio, ás 16:30, visitou o noso centro a actriz Ana Isabel Roncero, que interpretou varios monólogos de mulleres con diferentes personalidades pero todas elas de forte carácter e profunda liberdade interior: Pandora, Medea, Celestina, Laurencia (de "Fuenteovejuna"), Adela e Poncia (de "A casa de Bernarda Alba), Miranda (personaxe creado polo dramaturgo arxentino asentado en Ecuador Arístides Vargas) e Anxélica Liddell.
Despois da fascinante actuación de Ana Isabel Roncero, algúns alumnos plasmaron por escrito as súas impresións. Podedes ver máis abaixo os textos escritos por Kevin e a súa nai, que tamén nos acompañou na sesión preparatoria e á que lle agradecemos a súa presenza e agarimosas palabras.












20 de maio de 2014

GAÑADORES E FINALISTAS CONCURSOS LITERARIOS CONCELLO DE VERÍN

Relación de alumnos premiados e finalistas nas categorías de relato curto e poesía Letras Galegas:

1º premio relato 1º ciclo ESO:

"Crónica dunha devoradora de libros" de Ana Manso Fernández (podédelo ler ao final da entrada)

2º premio relato 2º ciclo ESO:

"Muller de ferro", de Noa Fernández Méndez

2º premio poesía 1º ciclo ESO:

"Sentimento", de Marta Espírito Santo Fernández

2º premio poesía 2º ciclo ESO:

"Rebeldes", de Cristina Salgado Blanco.

Foron finalistas en relato e poesía:

Sara Dobarrio Meno

Sergio Pérez Rivas

Iria Vázquez Arcos

Sara Guerra Sandoval

Alberto Rivero Manso

Belén Álvarez Fariñas

Nerea Bouzas Rodríguez

Sabela Domínguez Souto

Ana Corrixido by Gregory Chandler

VIII Certame de Poesía Xela Arias

Deixamos aquí as bases deste certame de poesía convocado polo IES A Sangriña


Bases Xela 2014 by Steven Knight

19 de maio de 2014

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

O día 12 de maio viñeron dous homes da Cruz Vermella a impartir un obradoiro sobre os primeiros auxilios, para que saibamos actuar nos casos de emerxencia.
Primeiro comezaron falando sobre a estratexia de actuación ante un accidente: o PAS: Protexer, verificar que tanto o accidentado coma nós mesmos esteamos fóra de perigo. Avisar, dar aviso aos servizos sanitarios (112, 061…), respondendo ás preguntas que nos fagan, indicando o lugar do accidente, número de feridos… E por último socorrer, unha vez que protexemos e avisamos, procedemos a avaliar o estado do lesionado, observando o estado de consciencia, a respiración, o pulso e a existencia de hemorraxias.
Despois, avisáronos do que non se debe facer, como por exemplo: medícalo, mover ao lesionado de sitio…
Ao acabar de facer iso, dixéronos que temos que, valorar o estado de consciencia: se responde aos nosos estímulos, fala…, está consciente. Se a vítima non responde, indica que está inconsciente. Neste caso dixéronos que pediramos axuda, sen abandoar ao lesionado, e o seguinte paso é comprobar se respira: sentindo ou escoitando como sae o aire ou fixándonos no ascenso e descenso do tórax. Se respira, valoramos o pulso e se non respira hai que realizar a maniobra de “apertura das vías aéreas” movéndolle suavemente a cabeza para atrás. Se realizando esta maniobra, xa respira, dixéronos que o temos que por na Posición Lateral de Seguridade (P.L.S), pero se non respira, temos que comezar inmediatamente coa respiración artificial mediante: o boca a boca, realizándolle ao lesionado 30 compresións, colocando as mans no peito, a unha velocidade de 100 compresións por minuto, e 2 insuflacións, tapándolle primeiro o nariz; ou o boca a boca-nariz, para aos lactantes, realizándolle 15 compresións, con dous dedos para non romperlle ningún óso, e 5 insuflacións, abarcando ca nosa boca o seu nariz e a súa boca.
Por último, avisáronos que é moi importante que para realizarle a Masaxe Cardíaca Externa o lesionado estea nunha superficie dura e plana; que antes de facerlle o boca a boca ou boca a boca-nariz revisar a boca para revisar si ten algún obxecto e si é así quitarllo co dedo índice en forma de anzol, e recomendáronos que puxéramos no móbil un “Aa” antes das persoas que queiramos avisar no caso de que nos pasara algo.

6 de maio de 2014

FOTO GAÑADORA II CONCURSO ENTROIDO DE VERÍN

A foto de Marta Castro de 1º BAC C do IES Taboada Chivite resultou gañadora. Parabéns!!!!!
Así describe a foto a súa autora:
Miramos atrás e vemos como o entroido xa quedou lonxe e só quedan fotografías como esta para recordalo, para recordar esta gran festa que tanto nos gusta e tanto nos representa.
Esta fotografía, una de tantas, que mostra unha das partes do traxe da figura principal do noso entroido.
Una imaxe que amosa  ese sorriso, ese sorriso tan diferente e tan especial xunto con esos ollos que esconden miradas cheas de emoción e de alegría nas que se ve reflexado o sentimento de poder ,por uns días, vestir o traxe de cigarrón.


5 de maio de 2014

CAMPUS DE VERÁN CIENTÍFICO-TÉCNICO

Aberto o prazo de preinscrición para o Campus de Verán Científico-Técnico de Lugo: Do 28 de abril ao 11 de maio. Destinado a alumnos de 4º ESO e de 1ºBAC.
O Campus de Verán Científico Técnico Lugo ten como obxectivos fomentar o interese do alumnado preuniversitario pola Ciencia e a Tecnoloxía e informar das titulacións relacionadas con elas no Campus de Lugo e das súas saídas laborais. Será eminentemente práctico, con obradoiros e proxectos científicos ou técnicos nos que o alumnado terá un contacto directo coas diversas ramas da ciencia e da tecnoloxía e coa contorna universitaria.

https://www.facebook.com/campcientec
http://www.usc.es/gl/cursos/campcientec

2 de maio de 2014

DE PANDORA A ANXÉLICA LIDELL, MULLERES DA LITERATURA

O vindeiro 7 de maio, ás 16:30, visitará o noso centro a actriz Ana Isabel Roncero, que nos interpretará varios monólogos de mulleres con diferentes personalidades pero todas elas de forte carácter e profunda liberdade interior: Pandora, Medea, Celestina, Laurencia, Adela, Poncia e Anxélica Liddell.

Para preparar esta viaxe pola literatura, o día 30 de abril, tamén ás 1630, houbo unha sesión especial na que alumnos e profesores do centro presentaron a súa visión destas figuras.