29 de nov. de 2023

Lecturas

Lestes 22 segundos de Eva Mejuto? Se non o fixestes despois de ver o booktrailer de Valeria de 3ºESO A  seguro que vos entran ganas.

22 segundos Eva Mejuto

 

 

22 de nov. de 2023

25N Día contra a violencia de xénero

 Xa estamos dentro da semana contra a violencia de xénero,mirade que de actividades temos:un trivial, unha exposición sobre micromachismos, carteis...e aínda nos queda!




19 de nov. de 2023

O circo ambulante

 Comezamos esta semana lembrando a actividade do venres pasado, a nosa excursión a Lugo onde visitamos o Museo Provincial e como remate do noso proxecto de escrita creativa O Circo ambulante, o encontro co alumnado do IES de Xove.





 

16 de nov. de 2023

 Hoxe celebramos o Día mundial da filosofía e as profes de filosofía e máis o seu alumnado preparáronnos un vídeo, mirade:








15 de nov. de 2023

 Temos varias novidades de concursos ós que nos presentamos peeroooo...non volas podemos ensinar, así que polo de agora deixámosvos cun booktrailer de Emma, do libro Curros e Holmes, a ver se vos vai picando a curiosidade e vos animades a lelo!



10 de nov. de 2023



 Esta semana andamos moi ocupadas co experto en gamificación que nos veu polo programa Erasmus pero tamén nos deu tempo de organizar o magosto