18/12/2014

PRESENTACIÓNS TERAPIA XÉNICA E CELULAS NAI

Presentación sobre as células nai, realizada e exposta polas alumnas de 1º BAC A: María Barreira Miranda, Marta Carnero García e Mercedes Castro Cid.



Presentación sobre a terapia xénica realizada por Ana García Nóvoa, Adrián González Salgueiro e Ángela Lamas Gómez de 1º BAC B.

16/12/2014

PRESENTACIÓNS SOBRE O ÉBOLA

O martes, 16 de decembro, na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º BAC, dous grupos de alumnos: Marta Cid, Alberto Costela e Alba Parada de 1º BAC A, así como Verónica López, Sandra Maia, Iris Nicolino e David Santiago de 1º BAC B, presentaron os seus traballos sobre o ébola. 



15/12/2014

A CIRURXÍA ESTÉTICA EN ADOLESCENTES

A cirurxía estética é empregada para mellorar a aparencia física, ou para corrixir un problema físico dalgunha persoa.

Antigamente a cirurxía estética era empregada soamente para mellorar a saúde do paciente, utilizada por primeira vez despois da Primeira Guerra Mundial nos mozos que viñan con secuelas físicas.

O adolescente que se realiza unha operación de cirurxía estética busca encaixar e evitar posibles burlas ao contrario que os adultos que buscan aparentar máis novos.
Poderiamos considerar que a cirurxía estética en adolescentes ten vantaxes como a rinoplastia que nos axudaría a respirar mellor ou que mellorará a autoestima e o carácter do paciente e as súas relacións sociais, pero estas vantaxes van unidas a unha serie de desvantaxes.

As operacións de cirurxía estética poden ter complicacións e contraer infeccións, a lista das complicacións e longa como a parálise parcial ou total da cara, danos nos nervios, dano cerebral, etc. Existe tamén o risco de morte, o arrepentimento porque os resultados non foron os esperados, é custosa e pódese converter nunha adicción.
A adolescencia é unha etapa conflitiva e de inmadurez, e ás veces de baixa autoestima ou medo. Todo isto fan que a adolescencia non sexa unha boa etapa para decidir sobre unha cirurxía estética.

Os desordes alimenticios, a percepción da propia imaxe ou a necesidade de adecuarse aos “canons” que estean de moda afectan aos adolescentes e entre o grupo deles que máis demanda as operación estéticas son rapaces e rapazas que apenas alcanzan os dezaoito. O motivo: moda das cirurxías estéticas como regalo.
O procedemento que se debería seguir se consideramos  una operación deste tipo, sería pensalo debidamente porque non é algo que haxa que tomalo á lixeira, consultalo cos pais e acudir a un psicólogo, verificar que o cirurxián teña credenciais e desconfiar das ofertas relativamente baratas.

Todos temos características que nos distinguen doutros seres humanos e que nos fan únicos. Hai moitos rasgos que son difíciles de levar como as orellas e nariz grandes pero que non impiden o funcionamento normal da personalidade.

A intelixencia, a graza, a alegría son valores que atraen aos demais e que non poden ser arranxados ou cambiados mediante una cirurxía.


Recoñecernos coa nosa propia imaxe na adolescencia é difícil se non estamos satisfeitos con noso corpo,  pero a solución non é cambiar todo aquilo que nos molesta, a forma de superalo é desenrolando una autoestima forte, porque non somos nin una nariz, nin unas orellas, nin uns peitos.

Texto de Andrea Álvarez Salgado e Andrea Limia Sánchez de 1º BAC A

14/12/2014

PERIGOS QUE AGOCHAN AS REDES SOCIAIS E VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado luns, así como o anterior a este, déronnos unha charla durante a última hora da mañá; na hora de Titoría. A charla trataba sobre os perigos que agochan as Redes Sociais, así como unha larga lista sobre os problemas e consecuencias que todo isto provoca: Sexting, Grooming…E diferentes tipos de problemas que derivan do acoso mediante Internet.

Todos algunha vez na nosa vida, ou case todos, escoitamos falar, e probamos, o Facebook, Tuenti, Instagram, e demais redes Sociais que tanto usamos os adolescentes. Pero, realmente coñecemos tanto como pensamos o que estamos a utilizar? Probablemente non.
Debuxo de Alba Sanín Rodríguez


Unha foto, xunto coa típica localización do lugar de onde nos atopamos, pode acabar sendo catastrófico, así como vellas fotos que nos nosos tempos “mozos” colgamos na rede, e xa nin sabemos da súa existencia; pero aí están, a man de calquera persoa, que pode utilizalas ó seu antollo.


Pensaches en algo parecido mentres lías isto? Entón é probable que ti tamén teñas múltiples contas que xa non utilizas nas que no seu momentos colgaches numerosas fotos.
Internet non é, nin será, unha ferramenta fácil de utilizar, tal e como nos mostraron na charla, polo tanto debemos absternos de non facer algo que non nos gustaría que nos pasase a nós, e ser conscientes do que enviamos ou colgamos en Internet; pode que en pouco tempo acabemos por arrepentirmos diso. Temos que ser conscientes do que é bo e do que non, por exemplo: enviar unha foto de nós mesmos nun momento comprometido a alguén que hoxe ten a nosa confianza, pode acabar completamente mal se no día de mañá, esa persoa deixa de manter unha relación cordial contigo e difunde esa imaxe por toda a rede; non creo que fose do noso agrado. Así, debemos diferenciar que unha relación mediante as redes socias, sempre vai ser completamente diferente ca unha con unha persoa que ves todos os días, unha relación que se basea, na maioría do tempo, en estar pegados os teléfonos, ten máis posibilidades de acabar convertida nunha relación na que un “maltrate”,aínda que de xeito involuntario e de maneira débil, á outra persoa; unha relación así, controladora, posesiva, de ameazas, non é boa, non nos pode acabar achegando nada bo.
Polo tanto, Internet é unha arma de dobre filo, a nós pode parecernos que é algo xenial, no que compartir as nosas vidas, pero que á larga, pode acabar devolvéndonos a xogada. A túa vida é tía,e non tes a necesidade de compartila con ninguén.
Ana Manso de 3º ESO C

12/12/2014

ZENTANGLES

"Zentangles" realizados polos alumnos de 3º ESO A con Javier Díaz na materia de Plástica.





11/12/2014

O APALPADOR

Como todos os anos, o 31 de decembro, os rapaces da aldea estaban moi nerviosos por un acontecemento moi especial. Como ben sabemos, era a visita do apalpador: un vello carboeiro que cada ano baixaba da súa cova a regalr castañas aos nenos das aldeas.
Aquel 31 de decembro, xa se vía baixando pola ladeira do monte a un vello de barba vermella que, axudado do seu inseparable caxato, comezara a entrar nas casas do pequeño pobo.
Como sempre, apalpaba cas súas mans a tripiña dos rapaces para ver se estaban fartos de comer e que non lles faltaba comida durante todo o ano.
Tocou a primeira barriga e dixo “Así esteas todo o ano”, e sorrindo regaloulle unas castañas. Agora ben, se tiñas a barriga vacía, regalabache alguna castaña e marchaba preocupado cun “A próxima come máis”.
E xa a noite chegara á súa fin, e como todos os anos, da mesma maneira que baixara do seu fogar, volvía fumando ca súa pipa á súa casa do monte.


Texto de Alfonso Seoane González   e debuxos de Ana Salgado Martínez e Alba Sanín Rodríguez todos de 3º ESO C




Ademáis, Antonio Porto González de 3º ESO C apórtanos este vídeo coa canción do apalpador (música de Javier Prado Espiñeira e letra da que fora profesora do noso centro Cristina Corral):




10/12/2014

GAÑADORES CONCURSO TARXETAS DE NADAL

1º Premio: Alba Sanín Rodríguez de 3º ESO C


2º Premio: Iria García Alvar 3º ESO A



















3º Premio: Laura Guerra Santamarina 3º ESO A



















Parabéns a todas e Bo Nadal!!!!

09/12/2014

GAÑADORES DA XXXI EDICIÓN DO "CONCURSO DA CONSTITUCIÓN"

Iván Jiménez e Paula Seone de 4º de ESO foron dous dos gañadores da XXXI edición do "Concurso da Constitución" organizado pola Subdelegación do Goberno en Ourense. Dende o EDLG querémosvos felicitar pola viaxe a Madrid que gañastes e sobre todo por ser os vosos traballos os únicos dos premiados presentados en galego.







Constitucion



Monarquia Española

08/12/2014

FINALISTAS DO CONCURSO CIENCIA QUE CONTA

Temos dous finalistas no concurso Ciencia que Conta na categoría de Bacharelato.
Son Alba Rodríguez Rivero de por "Minerva" e Sergio Salgado Santamarina por "Esa maldita enfermidade". Parabéns e moita sorte.
http://www.cienciaqueconta.com/

05/12/2014

CATÁLOGO DE COUSAS PERDIDAS

Presentación realizados polo alumnado de Felisa Tomé en 1º ESO A no Proxecto Interdisciplinar

01/12/2014

O CONCERTISTA DE PAXAROS DE JOSEP-FRANCESC DELGAD


O libro que lin ía sobre un  home chamado Lin Oin. En Singapur, acababan  de comezar unha guerra e Lin Oin non estaba informado sobre tal feito. Este, estaba no concello, cando empezaron a caer unha serie inmensa de bombas. Nese momento, Lin  botouse a correr sen mirar atrás. Cando chegou o lugar onde se atopaba a súa casa, atopouse con esta convertida en escombros. A partir dese momento non volvería  ver aos seus fillos. Nese mesmo sitio atopou ao seu mestre de paxaros , pois Lin dedicábase a domar estes valiosos animais. A piques de morrer e antes de deixar este mundo, díxolle a Lin que lle coidara dos paxaros os cales, estaban mal feridos. Lin prometeullo, e así foi durante os seguintes anos. O noso protagonista  todas as noites abríalle a gaiola aos seus paxaros , os cales piaban con alegría o verse ceibes. O pasar os anos,  os animais  curáronse e os ingleses invadiron Singapur, que nese momento pertencía ao réxime xaponés. Lin dirixiuse ao porto onde se despediu dos seus paxaros  e xusto nese intre desembarcou  un barco, do cal  saíron  os seus fillos e a súa muller. El que ata entón pensaba que a súa familia estaba morta sentiuse cheo de alegría e esa foi a recompensa que obtivo por  ter coidado e curado aos paxaros dos seu mestre.


OPINIÓN PERSOAL:


Este libro gustoume  moito xa que trata de guerras e de drama, algo que me parece moi triste pero tamén moi interesante. Eu sinceramente recomendaríallo as persoas que lle gusta a acción porque esta obra ademais de engadir un drama como o sufrido por Lín ten suspense, misterio e partes nas cales se representan escenas de guerra como xa dixen anteriormente. Tamén llo recomendaría a todas aquelas persoas as que lle guste a natureza e os animais pois o fin e o cabo Lín era un domador de paxaros e tratábaos tan ben que facía con eles o que quería.  Eu persoalmente preferiría que fose mais longo  ou  que tivese una segunda parte. 
Rubén Alfonso González de 3º ESO B