21 de feb. de 2024


 Non paramos de aprender e hai xa dous días que o alumnado de 2ESO tivo unha vídeoconferencia con dúas atletas de Triatlón: Marta Pereira e María Muñiz do Club Delikia. Estas mozas están no Centro de Tecnificación de Pontevedra e faláronnos da súa experiencia, animando á rapazada a practicar o  deporte que lles guste.




19 de feb. de 2024

Día de Rosalía

 Imos saíndo do Antroido e metémonos na celebración do Día de Rosalía con estes marcapáxinas que está a facer o alumnado de Lit Gal do Séc. XX.




8 de feb. de 2024

Antroido

 Último día antes do Antroido! Ensinámosvos as máscaras que fixo o alumnado de 1Bac. De Lit.Gal. do Séc. XX. 





7 de feb. de 2024

Antroido

 Xa imos rematando coas actividades do Antroido! Ensinámosvos as chapas que nos deseñou Noelia de 2Bac e que fixo o alumnado de 3ESOB e 1Bac.





5 de feb. de 2024

Sostibilidade

 Os nosos papagaios xa están para voar e todo o fixemos con material reciclado, cartóns de moitos tipos danlle o seu colorido!







3 de feb. de 2024

Entroido

 Xa estamos no.domingo.Corredoiro! Podes ir facendo a túa foto para o Fotoentroido, este ano coa temática Mulleres Antroideiras!