13 de xuño de 2025

Olimpíadas da lingua

 Que vos parecen unhas olimpíadas da lingua para ir rematando o curso? Pois a iso estivemos hoxe con alumnado de 1 e 2ESO grazas á iniciativa das nosas compañeiras de galego: Soraya e Eva e máis a Cristina de E.Física.

 






9 de xuño de 2025

 Revisamos os pintores e pintoras do Séc.XX da man do alumnado de 4ESO e da súa profesora de historia, María Isabel Gzl.













6 de xuño de 2025

Disneyland 'eiquí

 Seguimos esta semana coas representacións do musical: un guión que nos fai reflexionar ata sobre a nosa infancia, sobre os guións de vida; mentres desfrutamos de interpretacións musicais e teatrais á altura de calquera compañía de teatro profesional. Animádevos , quedan dúas representacións hoxe e mañá no Auditorio de Verín, de que son 3 horas de puro goce mentres voamos ós mundos reconstruídos de Disney!






28 de maio de 2025

Obradoiro de Banda Deseñada

 Onte tivemos entre nós a Xián Caamaño para lle dar un Obradoiro de banda deseñada ó alumnado de 2ESO, organizado polo Departamento de galego e polo equipo da Biblioteca.






18 de maio de 2025

Día da Letras

 Durante todo o curso fomos celebrando a nosa música popular dende distintos ámbitos, a semana pasada, ademais da exposición dos carteis das Letras deste ano, tamén tivemos unha exposición do traballo feito polo alumnado de 2 e 3 coa nosa compañeira Lucía.




16 de maio de 2025

Musical

 Este ano xa case está listo o novo musical que versará sobre as películas de Disney, últimos ensaios e vestiario e coreografías a punto, xa temos ganas de velo, haberá actuacións os días 3 e 4 de xuño no instituto e o 6 e o 7 no auditorio municipal ás 20,30!











14 de maio de 2025

Contos populares e películas de Disney

 Como este ano andamos a voltas coa nosa literatura popular, desta tocoulle ós nosos contos populares, en colaboración co profesor de Música, David Rdg., o alumnado de 1BAC preparou unha presentación relacionando os contos de Fole ou Risco con motivos das películas de Disney.







13 de maio de 2025

II Entrecurtas Chaves

 Volvemos este ano tamén a Chaves para participar como xurado no Festival Entrecurtas, desta os xurados foron Adriel Losada de 1Bac A e Uxía Pérez de 1Bac C.




9 de maio de 2025

Non tedes unha destas chapas? Pois a que esperades para comprarlle ó alumnado de 4ESO?Na ristra de mañá sábado.

7 de maio de 2025

Día do libro

 E quédanos no tinteiro unha actividade que organizaron dende o equipo da Biblioteca: Libros que curan! Todos os males teñen un libro axeitado!




5 de maio de 2025

Celebrando o Día das Letras

 Aínda non chegou, pero xa levamos celebrando a nosa rica literatura popular e desta, cunha actividade que nos veu da man da Ed. Galaxia, coa música  das nosas cantareiras no Auditorio de Verín co alumnado de 1 e 2 ESO.





2 de maio de 2025

Cantamos coas mans

 Outro ano máis participamos no Concurso que organiza a Federación de persoas xordas, desta coa canción Moiras, de Fillas de Casaandra coa que conseguimos a Mención de honra.

https://youtu.be/s27Z-AbbZIM?feature=shared


30 de abr. de 2025

Encontro co IES do Ribeiro






 Despois do proxecto desenvolto ó longo deste curso, damos por rematado o mesmo.cunha excursión ó IES do Ribeiro, onde celebramos o día da Revolución dos cravos, onde nos explicaron toda a oferta educativa do seu centro, os servizos da vila e onde fixemos un percorrido por todo o seu patrimonio que non é pouco, salientando os tres puntos que nos unen:

-Dúas vilas fronteirizas

-Dúas vilas que conservan o seu castelo medieval

-Dúas zonas vitivinícolas importantes.