28 de maio de 2025

Obradoiro de Banda Deseñada

 Onte tivemos entre nós a Xián Caamaño para lle dar un Obradoiro de banda deseñada ó alumnado de 2ESO, organizado polo Departamento de galego e polo equipo da Biblioteca.






18 de maio de 2025

Día da Letras

 Durante todo o curso fomos celebrando a nosa música popular dende distintos ámbitos, a semana pasada, ademais da exposición dos carteis das Letras deste ano, tamén tivemos unha exposición do traballo feito polo alumnado de 2 e 3 coa nosa compañeira Lucía.




16 de maio de 2025

Musical

 Este ano xa case está listo o novo musical que versará sobre as películas de Disney, últimos ensaios e vestiario e coreografías a punto, xa temos ganas de velo, haberá actuacións os días 3 e 4 de xuño no instituto e o 6 e o 7 no auditorio municipal ás 20,30!











14 de maio de 2025

Contos populares e películas de Disney

 Como este ano andamos a voltas coa nosa literatura popular, desta tocoulle ós nosos contos populares, en colaboración co profesor de Música, David Rdg., o alumnado de 1BAC preparou unha presentación relacionando os contos de Fole ou Risco con motivos das películas de Disney.







13 de maio de 2025

II Entrecurtas Chaves

 Volvemos este ano tamén a Chaves para participar como xurado no Festival Entrecurtas, desta os xurados foron Adriel Losada de 1Bac A e Uxía Pérez de 1Bac C.




9 de maio de 2025

Non tedes unha destas chapas? Pois a que esperades para comprarlle ó alumnado de 4ESO?Na ristra de mañá sábado.

7 de maio de 2025

Día do libro

 E quédanos no tinteiro unha actividade que organizaron dende o equipo da Biblioteca: Libros que curan! Todos os males teñen un libro axeitado!




5 de maio de 2025

Celebrando o Día das Letras

 Aínda non chegou, pero xa levamos celebrando a nosa rica literatura popular e desta, cunha actividade que nos veu da man da Ed. Galaxia, coa música  das nosas cantareiras no Auditorio de Verín co alumnado de 1 e 2 ESO.





2 de maio de 2025

Cantamos coas mans

 Outro ano máis participamos no Concurso que organiza a Federación de persoas xordas, desta coa canción Moiras, de Fillas de Casaandra coa que conseguimos a Mención de honra.

https://youtu.be/s27Z-AbbZIM?feature=shared