20 de maio de 2013

VII ENCONTRO LUSO-GALAICO


Ao comezo do curso, aos alumnos de cuarto, faláronos do encontro luso-galaico. Nos xa escoitaramos falar desta actividade posto que leva xa anos facéndose no noso centro, e a verdade é que todos os alumnos que participaron en anos anteriores falaban desta actividade como algo realmente interesante. Agora nós tamén podemos afirmar que é así.
Este ano tocoulles aos portugués comezar a escribir. Cada un de nos recibiría unha carta dun compañeiro do IES Fernão de Magalhães, o que iríamos coñecendo ao longo do curso ata o momento do encontro. Todos esperábamos ansiosos a chegada da nosa carta, e o nome do “noso portugués”. A experiencia de escribir cartas en galego gustounos moito a todos, pero as mellores cartas e as máis longas foron as dúas primeiras, debido a que enseguida nos dimos o Facebook, e xa sa sabe o que teñen as redes socias. Falabamos tanto con eles por Internet que logo por cartas xa non sabíamos que escribir. E a espera de coñecer ao noso portugués e velo en persoa fixésenos un pouco máis levadeira posto que vimos fotos súas colgadas na rede. No meu caso preferín ser un pouco mais tradicional e mandarlle fotos impresas miñas acompañando as cartas. Esta experiencia tamén nos serviu para darnos conta do próximas que son a lingua galega e a portuguesa, e que sabendo galego fomos quen de entender aos nosos compañeiros perfectamente sen dificultade ningunha. O único inconvinte que vimos, foi que os portugueses tardaban moito en contestar, e a espera facíasenos longa. Igual de longo se nos fixo esperar polo día do encontro. Este curso foron os portugueses quen organizaron a viaxe. Escolleron para visitar a cidade de Régua.
As oito e media, arrancamos dende Verín camiño de Chaves, para ir buscar aos nosos compañeiros os que xa tiñamos tantas ganas de coñecer. Unha vez alí, fóronos chamando un a un e presentándonos, a pesar de levar todo o curso escribíndonos, este foi un momento de vergoña no que a todos nos deu corte e no que estabamos separados por institutos incoscientemente. De seguido montamos nos autobuses cara á Régua, unha cidade que a todos nos pareceu preciosa. O primeiro que fixemos foi visitar o museo do Douro, que durou aproximandamente uns corenta minutos, nesta visita xa nos fomos acercando máis aos portugueses e a vergoña comezaba a desaparecer. Ao acabar dimos un paseo mentres esperábamos o tren turístico que nos levaría ata Pinhão. A traxectoria en tren, estivo moi ben, ambos os institutos estábamos xuntos, falando e contando distintas anécdotas relacionadas coas cartas. Unha vez chegamos, fomos ver a famosa Quinta da Foz, un lugar preciso que a todos nos encantou. Logo, despois de unha maña na que non paramos quietos, por fin fomos comer preta da unha e media. O xantar foi un dos mellores momentos, posto que tivemos ata as catro e media, e en todo este tempo fixemos fotos cos nosos portugueses e deunos tempo de coñecernos todos un pouco mellor. Tras acabar de comer, arrancamos a Favaios, sitio onde visitamos o Museo do Pão e do Vinho. A mín, persoalmente gustoume máis o primeiro museo que visitamos. Cando remantamos xa fumos a Chaves, onde nos despedimos dos portuguses. Foi unha despedida algo triste pero ao mesmo tempo moi satisfactoria, posto que todos gañaramos un novo amigo en Portugal, co que prometemos seguir escribíndonos a miúdo, aínda que non fose por carta, senón por redes socias.
Foi unha experiencia nova, e a verdade e que a todos nos gustou moito, e penso que a gran maioría de nós, estaríamos encantados de repetila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario