27 de maio de 2014

SOLO E RECURSOS MINERAIS


A semana pasada, tres alumnos de 1º de Bacharelato B realizaron unha exposición sobre o solo: Ana Justo, Ismael Lamas e Ana Vázquez. Para representar o perfil do solo, utilizaron unha torta.Así describiron a experiencia:

"Para realizar unha pequena parte da nosa exposición de ciencias do mundo contemporáneo sobre o solo decidimos apoiarnos sobre un pequeno experimento: unha torta.
A nosa idea inicial era con rochas, varios tipos de terra e herba realizar unha maqueta máis real dos horizontes que conforman o solo, pero tras varios intentos o resultado non nos convenceu e decidimos cambiar a idea. A Ismael ocorréuselle que podíamos realizar unha torta de forma que se distinguisen varias capas nesta.
Para comezar mercamos todos os ingredientes. Para realizar os horizontes C e D, conformados por rochas, usamos galletas María mergulladas en leite como base da torta. Para realizar o horizonte B, dunha cor marrón clara compramos un biscoito e dividímolo en tres partes para meterlle nata por dentro, para que o sabor fose máis doce. Para o horizonte A, de cor marrón escuro, compramos biscoito de chocolate, e tamén o dividimos en tres partes salvo que nesta ocasión untámoslle crema de cacao. E por último para representar o horizonte O bañamos a torta en xarope de chocolate e puxémoslle flores de adorno e algúns debuxos.
O resultado do experimento a parte de delicioso foi magnífico! "



Ningún comentario:

Publicar un comentario