19 de feb. de 2020

SANTA BAIA DE MONTES, DE SABELA DOMÍNGUEZ SOUTO, NO TABOADA CHIVITE


Hoxe, a nosa exalumna Sabela Domínguez Souto presentou no IES Taboada Chivite a súa curtametraxe Santa Baia de Montes, gañadora do premio do público na última edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín.
A curtametraxe amósanos personaxes do pobo de Santa Baia os que Sabela foi gravando en diferentes sesións de rodaxe, despois de pasar tempo nese pobo para gañar a súa confianza. Ademais, é unha curtametraxe sobre o propio proceso de elaboración da curta, como reflicte a voz en off da directora. Se Santa Baia de Montes ía ser unha película sobre os incendios, acabou sendo algo completamente diferente, unha peza orixinalísima que nos leva ao mundo do pobo, da aldea....Ese mundo que oxalá non morra.
Moi pronto poderedes escoitar en RadioChivite unha entrevista con Sabela.
Moitísimas GRAZAS, Sabela, e sorte nos teus vindeiros proxectos!
Moitísimas grazas tamén a Manoli Maseda, coordinadora dos EDLG da provincia de Ourense, por ter vido ao noso instituto para asistir á proxección da curta da nosa ex-alumna e posterior coloquio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario