4 de maio de 2020

PARTICIPA NA X EDICIÓN DE INSPIRACIENCIA!!!

Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.
Tedes que escribir un relato científico cunha extensión máxima de 800 palabras en galego, castelán, catalán ou éuscaro; e presentalo a través da web de Inspiraciencia ( https://www.inspiraciencia.es/gl/) antes do día 7 de xuño de 2020.
Podedes consultar as bases deste concurso organizado polo CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) premendo na seguinte LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario