Durante a segunda avaliación en 1ºESO desenvolvemos o proxecto:
Estou ben mantido/a?
- Reflexionando inicialmente sobre a alimentación dos nosos avós e avoas, facéndolle entrevistas sobre que alimentos eran os que consumían, que almorzaban habitualmente, que levaban para a escola, que lambetadas había na época ou cando comían fóra.
- Rexistramos como é a nosa alimentación: como almorzamos, que traemos para a escola, que comemos habitualmente no xantar e que lambonadas nos gustan máis.
- Analizamos se o noso hábito alimenticio é o axeitado e miramos cales son os ingredientes das lambonadas que comemos.
- Agora temos que coñecer todos os vexetais e os seus nomes que consumimos habitualmente e asocialos á súa tempada para ter unha alimentación sostible, de tempada.
- E coñecemos tamén os tipos de peixe e o seu nome en galego.
- Finalmente xestionamos a compra, canto nos custa comer saudable?
Ningún comentario:
Publicar un comentario