Hoxe, 27 de marzo ás 9.40 o alumnado de 4º A da ESO e 1º Bacharelato A asistiron a unha conferencia do Antropólogo Forense Fernando Serrulla Rech sobre Antropoloxía Forense.
A conferencia estivo estruturada en dúas partes: 1ª EXPOSICIÓN EN POWER POINT sobre:
O traballo dun antropólogo forense.
- O levantamento do cadáver en Antropoloxía Forense.
- Técnicas de Identificación Humana.
- Causas de morte.
- O caso de Cova Arcoia.
2ª .-PARTE PRACTICA: Exame de dous esqueletos atopados en Cova Arcoia de 14 y 25 años de idade que faleceron por causas violentas.
Esta actividade foi realizada polos compañeir@s do Seminario de Ciencias Naturais e coordinada polo EDLG.
Grazas compañeir@s por facer posible que os noso alumnado poda participar nesta actividade tan interesante.
E por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada colaboración, unha vez máis.
E por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada colaboración, unha vez máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario