Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
10 de abr. de 2013
OPS!! Línguas irmãs, un pequeno encontro.
O portugués é unha das linguas máis faladas e estendidas do mundo. Malia que os prexuízos afondan tanto nesta, coma na súa lingua irmá, o galego, o certo é que na realidade preséntase como a lingua materna de 176 millóns de persoas e distribúese xeograficamente por unha morea de países, dende Brasil ata Timor Oriental, ao Sueste de Asia.
Datos tan curiosos coma estes foron os que nos facilitaron o Venres 22 de Marzo no Salón de Actos, nunha entretida exposición sobre o noso idioma veciño. A finalidade era amosarnos o gran adianto que supón para nós o galego, tan parecido ao portugués que nos permite comunicarnos con gran parte da poboación mundial. Para demostralo, tivemos que ler diferentes frases e ata escoitamos unha canción para completar palabras, onde a maioría acertamos máis da metade.
Puidemos comprobar a cantidade de personaxes famosas que son portuguesas ou teñen relación con esta lingua e comentamos anécdotas de xente que estando noutros países puido comunicarse empregando o galego, tan semellante ao portugués, que ata un propio falante non foi capaz de distinguilo.
O saber non ocupa lugar, e coñecer idiomas sempre nos abrirá máis portas e nos permitirá avanzar máis lonxe. Ao mellor non valoramos como se merece as posibilidades que nos ofrecen e esta é a mentalidade que deberiamos cambiar. Con charlas como as do outro día ábrense un pouco máis os ollos para ver máis aló do que nun principio cremos.
Carla Guerra González 4º ESO B
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario