5 de nov. de 2015

DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Onte máis de 100 alumnos do noso centro gozaron da videoconferencia a cargo de Xurxo Mariño. Grazas a Coordinadora Galega de ENDL pola organización do evento.

Claudia Vega de 1º de Bach resumo así a experiencia

4 comentarios:

  1. Andrea Fernández de 1º BAC A resalta no seu comentario a influencia da lingua que falas na cantidade de materia gris do cerebro.
    Na videoconferencia do mércores, Xurxo Mariño informounos sobre o funcionamento do cerebro. Falounos do sono profundo e de como inflúe a lingua que fales no teu cerebro.
    O cerebro está formado por millóns de neuronas e cada segundo morre unha. Esas neuronas transportan a información suficiente á nosa cabeza para poder realizar funcións e entender o que nos rodea. Cando entras no sono profundo, esas neuronas deixan de funcionar. O cerebro sofre un cambio no cal a nosa mente deixa de existir durante esa fase.
    As neuronas encárganse tamén de reproducir os nosos pensamentos polo que o sistema nervioso realiza as súas funcións a través delas. Capta e procesa toda a información necesaria para obter unha adecuada interacción co mundo exterior.
    Canto máis coñecemento dunha lingua, máis materia gris temos. É o caso dos rusos, os cales son capaces de diferenciar todos os tonos que ten unha mesma cor (a azul por exemplo) e teñen un nome para cada tono. Nós non somos capaces de facer eso e se nos puxeran todos os tonos de azul, posiblemente, non diferenciaríamos nin a metade dos que diferencian eles.
    Ao meu parecer, o cerebro é o motor principal do noso corpo que dirixe todas as nosas accións, e sen el non poderiamos facer nada. Deberiase seguir investigando e averiguando máis cousas sobre este órgano para poder coñecelo nun 100%.

    ResponderEliminar
  2. Lúa Mª Nuñez Àlvarez 1º BAC B

    Xurxo Mariño, profesor na universidade da Coruña no departamento de medicina, realiza unha charla sobre neurociencia mediante videoconferencia. Aporta un pequeno discurso inicial explicando que son as conexións entre neuronas do cerebro e como funcionan, e a continuación resolve calquera dúbida sobre a mente humana que poda acontecerlles aos asistentes.

    Mariño expón a xenialidade que supón a capacidade da mente humana, que ao tela asimilada como algo común, non somos quen de valorar como merece; explica como funcionan as sustancias estupefacientes nas conexións neuronais; da un significado dos "soños" como material residual dos pensamentos, e salienta a capacidade da linguaxe como algo excepcional e único no ser humano, pois trátase do feito de poder transmitir unha idea propia pertencente a una mente independente, xerada por un impulso eléctrico.

    As cuestións foron respondidas dunha maneira clara e concisa, dentro do posible. Sempre resolvendo as dúbidas máis destacables, xa que o número de preguntas realizadas era alto.
    A forma da linguaxe empregada polo profesor era bastante sinxela para o tema que trataba; acadou unha simplificación dos conceptos adecuada para que a información chegase a todos os alumnos.

    ResponderEliminar
  3. Adrián Toro Pla:
    ser humano xunto con uns poucos animais temos memoria autobiográfica, o que nos fai conscientes da nosa existencia.


    O ser humano utiliza o cerebro para transmitir o seus pensamentos mediante a linguaxe para, o que fai que outro individuo comparta o mesmo pensamento.


    A linguaxe crea a mente e ao coñecer mais linguaxes temos a capacidade de crear diferentes mentes e fan que aumente a materia gris.


    As células que forman o encéfalo chamanse neuronas e trasmiten a sua información mediante descargas eléctricas que controlan todas as funcións do corpo e temos aproximadamente 83.000.000.000 de neuronas e ainda que morre 1 celula cada segundo ao largo da nosa vida morre mais ou menos o 3% das celulas.


    Os seres humanos gracias á mente temos conciencia tanto do pasado como do futuro cercano que fai que podamos prever o que pode acontecer.

    Na miña opinión, o labor destes cientificos interesante, xa que grazas e elo coñecemos mais cosas do noso cerebro e da nosa mente que ata agora descoñecidas ou non lles dábamos importancia, por exemplo, algunhas das preguntas que se fixeron durante a videoconferencia pareceronme interesantes xa que moitas veces mo preguntei e agora sei a resposta.

    ResponderEliminar
  4. Adrián Lorenzo Fernández:
    Este ano na VI edición de ciencia en galego Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela , profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, ensinounos a maquina máis potente do mundo o noso encéfalo. Dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Unha das preguntas máis curiosas é a donde vai esa mente cando entramos en sono profundo, esa mente desaparece e cando despertamos volve aparecer de novo.

    Dentro do noso cerebro temos 85000 millons de neuronas e cada segundo que vivimos perdemos unha, isto quere decir que cando teñamos 80 anos temos gastadas 2000 millons que é un 1,7% do total.
    Pero se temos unha enfermidade como o Alzeimer as neuronas perdemolas o triple de velocidade do normal.

    Un caso moi importante que comentou foi que a nosa mente non esta vendo a realidade se non unha proxección dela, un exemplo moi ilustrativo foi os distintos nomes que tiñan os rusos para tantas tonalidades de azuis e con isto podianos diferenciar a hora de identificalos. Isto ocorre porque os rusos adaptan a súa mente desde moi novos para diferencialos e non como as distintas persoas que lle parece iguais moitas das tonalidades.

    Unha pregunta dun instituto que chamou moito a atención foi porque se produce un dellavi? Ao recibir unha información esta dividese no cerebro e ao chegar ao punto unha delas chega con uns milisegundos de retraso por iso temos unha sensación de que xa sentimos ese estímulo no mesmo momento.

    ResponderEliminar