Viaqua e La Voz de Galicia convocan unha nova edición do concurso enmarcado no Programa “Prensa-Escuela” co que, desde o curso 2014/2015, se destaca a presenza da auga nas grandes obras da literatura galega. Nesta IV edición, correspondente ao curso 2017/2018, o concurso formúlase baixo o título “Galicia, Auga, Literatura e Rap”.
O obxectivo é que os escolares de Galicia (de educación primaria e secundaria) dean a súa visión "a modo de rap" sobre pasaxes estelares ou momentos cumio das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga. Con elo, preténdese contribuír a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso.
A diferenza de edicións anteriores, neste concurso os alumnos, de xeito individual ou en grupos dun máximo de 4 alumnos, deberán elixir un poema ou relato entre os grandes clásicos da literatura galega que se atopen no dominio público, e gravarán un vídeo, desde calquera dispositivo, no que versionen a modo de rap o poema ou relato elixido.
Se vos animades a participar, podedes consultar as bases premendo nesta LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario