Na semana do 1 ao 9 de decembro estase a celebrar
o III Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) no que se visualizarán 68
curtas de 26 países diferentes, seleccionadas entre as 1261 curtas que recibiron
os organizadores do certame.
Paralelamente estanse realizando unha serie de
actividades públicas co gallo de potenciar o festival. Entre elas está achegar o
certame ao alumnado e dende este punto de vista o alumnado de Imaxe e Son está elaborando
unhas curtametraxes seguindo os mesmos pasos que se dan a nivel profesional
(elaboración de guións literarios, técnicos, storyboard, plan de rodaxe,
reparto de funcións, produción, edición, making of…) colaborando con Xosé Luis
Santiago, “Pello”, xefe de produción do festival. De feito, están a traballar
en catro curtas con diferentes temáticas e esperan poder chegar a gravalas
todas.
Baixo esta liña de traballo, os alumnos de Imaxe
e Son recibiron unhas acreditacións dos organizadores do evento que lles dan
acceso ás curtas que se emitirán ademais de, poder contactar, coñecer e
entrevistar a profesionais que virán ao festival e embeber todo o relacionado
co mundo audiovisual patente na semana do FIC.
Ler máis.
Ler máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario