As datas de realización das probas da edición do 2019 do Rally científico e matemático sen fronteiras son: o 12 de marzo para a proba en centros e o 5 de abril para a final galega na Facultade de Química de Santiago. Superfinal, en Toulouse, o 10 de maio.
Se estás en 1º, 2º ou 3º da ESO, anima a sete compañeiros da clase e ao teu profesor de Matemáticas a participar.
Se cursas 4º da ESO, podes elixir entre dúas modalidades: Matemáticas ou Ciencias. Fala cos teus profes de Bioloxía e Xeoloxía, de Física e Química ou de Matemáticas, convence a sete compañeiros da clase e facede a inscrición.
Podedes consultar as bases do concurso e que o voso profesor faga a inscrición, premendo na seguinte LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario