O 23 de abril conmemoramos o
Día do Libro con dúas actividades. A primeira foi organizada polo equipo da
Biblioteca e a segunda propúxoa o Departamento de Lingua Castelá.
Desde a Biblioteca do noso
instituto déronnos a coñecer moitos libros sobranceiros que foron censurados ó
longo da historia, algúns deles en galego.
Ademais, profesoras e
profesores do centro agasalláronse con libros os uns ós outros. Esta iniciativa
do “amigo invisible lector” partiu dos membros do Departamento de Lingua e Literatura
Castelá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario