O venres, día 7 de xuño de 2019, os alumnos de 4º de ESO do noso centro viaxaron a Braga (Portugal) para participar no XIII Encontro Luso-Galaico de irmandamento con alumnos de 10º curso do do Liceo “Fernão Magalhães” de Chaves (Portugal).
Ao longo deste curso, entre os nosos alumnos e os de Chaves tivo lugar un intercambio epistolar, empregando o portugués e o galego como linguas de comunicación.
Durante esta xornada realizáronse as seguintes actividades:
-
Saída
dos nosos alumnos cara Chaves.
-
Chegada
a Chaves, encontro cos alumnos portugueses e saída cara Braga.
-
Visita
á Câmara Municipal de Braga con recepción a cargo do
presidente da Câmara.
-
Paseo
polo casco histórico de Braga.
-
Visita
á Catedral de Braga.
-
Almorzo
e actividades de confraternización no Bom Jesús de Braga.
-
Visita
ao Estadio da Pedreira (S.C. de Braga).
-
Visita
ao Braga Parque.
-
Regreso
cara Chaves e Verín.
-
Chegada
a Chaves e despedida dos alumnos portugueses.
- Chegada a Verín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario