11 de maio de 2020

HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO DESDE O CHIVITE

Desde o EDLG do Chivite, con este vídeo, queremos renderlle unha pequena homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, ademais do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia e membro de honra da Associaçom Galega da Lingua.
Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que o galego é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Por mor da crise sanitaria que estamos vivindo, a conmemoración oficial do Día das Letras Galegas trasladouse do día 17 de maio ao día 31 de outubro de 2020. Ademais,varios colectivos estanlle pedindo a RAG que no 2021, o Día das Letras Galegas volva adicarse a Ricardo Carvalho Calero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario