E rematamos a semana do Samaín volvendo a ollada ós nosos antergos, cunha pescuda feita por Nuria Barreira, Uxía Pérez e Julia Vaamonde de 2ºESO A.
As Defuncións nos Castros
Non se encontraron restos dos enterramentos, nin lugares funerarios que poidan deitar pistas sobre o tema destes antepasados, porén algúns expertos especulan que os castrexos incineraban os defuntos ou os deixaban na natureza para que os animais salvaxes devoraran os corpos falecidos.
Aínda que nos castros de Las Cogotas (Ávila) e no de Osera hai indicios de que quizais se puideron levantar necrópoles de incineración onde os castrexos enterraban os seus defuntos. Estes lugares só se usaban para incinerar os corpos dos defuntos, facendo que non se utilizara para realizar outro tipo de cerimonias ou eventos.
Probas disto é unha necrópole de pequeno tamaño que atopamos na provincia de A Coruña. Nesta atopouse restos de corpos enterrados da época dos castros, facendo que a idea dos enterramentos tamén sexa posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario