Xa se vai acabando o Antroido...pero seguro que tedes unha chea de fotos para presentar ó Concurso de foto de Antroido, escollede un par delas e enviádeas ó correo do equipo: ofiadeirodalingua@gmail.com
A IMAXE DO ANTROIDO
Cal é a imaxe que representa o espírito do Antroido para ti?
1ª PARTICIPANTES: Poderá participar no concurso calquera alumna ou alumno do centro, así como o profesorado ou persoal non docente.
2ª TEMÁTICA: O tema principal será Cal é o espírito do Antroido? Trátase de captar unha imaxe que represente o significado do Antroido, orixinal e auténtica.
3ª OBRAS: Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías.
4ª PRESENTACIÓN: As obras deben de enviarse por correo electrónico ó enderezo do equipo de normalización lingüística, indicando o autor ou autora da mesma:
ofiadeirodalingua@gmail.com
5ª PRAZO: O prazo de envío das obras remata o 10 de marzo.
6ºPREMIOS: Haberá dous primeiros premios: 2días de consumicións na cafetería para as categorías da ESO e de BACHARELATO e dous segundos premios:1 día de consumicións na cafetería do centro .
Ningún comentario:
Publicar un comentario