Xa comezamos coas actividades contra a Violencia de xénero! O alumnado de 2º ESO coa profesora Lucía Díaz participou no Concurso do Concello de Lalín: Dillo a quen maltrata, mirade que cartas máis xeitosas saíron.
3/10/2022
Estimado Lucas:
Acórdaste cando nos coñecemos? Porque eu si, acórdome de que estaba na biblioteca e ti sentácheste ao lado miña mentres lías un pequeno libro e me saudaches moi agradablemente. Estivemos un rato falando, déchesme o teu número e eu seguín o meu camiño.
Ao día seguinte volvín a biblioteca e alí estabas ti, sentado no mesmo lugar do día anterior, collín un libro e senteime a o teu lado e seguimos falando como o día anterior.
Isto volveuse algo habitual entre nós, todos os días ti me esperabas na biblioteca e cando chegaba ti xa estabas alí. Todo foi seguindo así ata un día soleado que me dixeses si quería ir a una cafetería contigo, eu aceptei e pasámolo tan ben que comezamos a salir mais xuntos. Pasaron os meses e de coñecidos pasamos a amigos e de amigos pasamos a ser parella. Eu estaba tan namorada de ti que ata nos mudaramos xuntos,pero... pasaron os meses e empezou o verdadeiro terror.
Empezácheste a volverte mais agresivo, ías aos bares e volvías borracho; ata que un día volviches mais borracho que habitualmente, enfadácheste comigo por non terche a cea preparada e dun momento a outro, non sei como, pegáchesme, eu estaba tirada no chan, doíame a cabeza e ti solo te rías e me seguías gritando.
Cada día cando chegabas a casa pegábasme mentres me insultabas, eu intentaba pararte e ti so me pegabas mais e máis e máis. Esa era a miña nova rutina, diante dos meus pais eras amable, educado e agradable. Todo seguía igual ata que un día chegaches e violáchesme e despois para que dixera nada matáchesme. Senón fora que me escoitou berrar ata a morte a nosa veciña, non habería xustiza para min e ti non estiveras no cárcere.
Ata nunca, maltratador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario