15 de feb. de 2023

IGUALDADE

 Antes de existiren o rap ou as pelexas de galos, xa se improvisaban versos mordaces e pícaros cun afán lúdico e competitivo. Saber regueifar, polo tanto, implica desenvolver competencias discursivas, a orixinalidade, a improvisación, o ritmo, e por suposto, o humor. A través deste obradoiro




preténdese non só traballar sobre estas competencias, senón facelo tamén sobre valores sociais como o ecoloxismo, a igualdade de xénero, o respecto pola diversidade funcional e a axuda mutua.Aproveitando o tempo de entroido, o luns 13 de febreiro, contamos coa inestimable colaboración da regueifeira Alba María. Grazas ao seu taller, o alumnado de 2C puido adquirir as ferramentas esenciais para atreverse a compoñer unhas reigueifas; mesmo a protagonizar unha batalla dialéctica ao máis puro estilo da celebrada cada entroido entre os veciños e veciñas das parroquias de Mormentelos e Catiñeira, na comarca ourensá de Trives.


Ningún comentario:

Publicar un comentario