28 de abr. de 2023

Sostibilidade, Edu saúde e Mitoloxía local

 

Hoxe o alumnado de 1º, 2º e un grupo de 3ºESO do IES Xesús Taboada Chivite, fixo unha andaina que pasaba por sitios emblemáticos da nosa vila como: o manancial de Cabreiroá , a capela do Sto. Antón ou o manancial de Sousas. O roteiro englobaba varias actividades deseñadas por alumnado de 2ºBac do mesmo centro, de Literatura galega do século XX, relacionadas coa nosa mitoloxía local: A deusa Coventina, a Virxe do Leite ou as Tres Marías formaron parte dos xogos ideados. O obxectivo perseguido era traballarmos varios dos proxectos que temos no centro: o de Sostibilidade: o alumnado foi recollendo lixo durante todo o camiño e rematarán cun traballo de estampación en bolsas de tea. O de Edu-saúde, ó facermos unha actividade física que percorreu paraxes naturais, e ila marcando dentro da aplicación Relive, para poder divulgala, e por suposto o coñecemento da nosa riqueza patrimonial: natural e cultural. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario