24/02/2014

HOMENAXE A ROSALÍA


No IES Xesus Taboada Chivite sumámonos aos actos que durante este mes se desenvolven para celebrar o Día de Rosalía,o 24 de Febreiro, coincidindo coa data de seu nacemento.
Para iso montamos un mural, que permanecera todo o mes exposto, no cal iremos colocando os versos de Rosalía que o alumnado dos catro cursos da ESO nos vai aportando.Propuxémoslles que escribisen uns versos dela ou ben escribisen eles un verso para a autora.Aos alumnos de Bacharelato propómoslle que a través dun cuestionario de preguntas indaguen sobre a vida e obra da autora.Aquí vos achegamos a nosa homenaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario