06/03/2014

Irene Romero Rodríguez comparte con nós a súa experiencia nos Campus Científicos de Verán

Este último verán participei nos “Campus Científicos de Verano” (CCV). Seleccionáronme para o campus Bio-Tic Granada dende o 7 ao 13 de xullo no proxecto de “Conocimiento y TICs, entre todos construimos el futuro”, un dos catro que había nese campus (química, matemáticas, TICs e deporte e saúde).
Eramos 28 rapaces de toda España en 4 proxectos de 7 persoas cada un. Había 4 horas de clase pola mañá e actividades pola tarde como ir á piscina, visitar a Alhambra ou o centro de Granada...
Os de deporte e saúde fixeron probas físicas estudando os resultados mediante o método científico, os de química fixeron experimentos moi interesantes, os de matemáticas tiveron clases prácticas aplicando ás matemáticas a efectos ópticos, etc. Ademáis, todos tivemos charlas de deportistas, profesionais, profesores universitarios e de secundaria, científicos...
En TICS, o meu proxecto, empezamos con varias clases sobre a Web 2.0. e o software libre, a promoción e as redes sociais, a planificación e medición CIM… E nos días seguintes empezamos a facer actividades como un podcast, presentacións, un streaming... tivemos varias clases sobre estándares web, programación e linguaxe HTML, a World Wide Web, accesibilidade e usabilidade, etc. O que máis me gustou foi a programación e accesibilidade e usabilidade porque me pareceu moi interesante e era unha parte da informática que non coñecía.
O último día cada grupo fixo unha presentación para explicarlle aos demáis o que fixemos durante eses días.
Foi unha experiencia inolvidable que lles recomendo a todos os meus compañeiros, porque merece a pena. Aprendín moito e paseino moi ben. Ademais, coñecín a moita xente nova e fixen bos amigos.
Gustaríame agradecerlle a Loli Meiriño e a Antonio Vila que me axudaran, porque sen a súa axuda e sen a preocupación de Loli non podería participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario