27 de mar. de 2014

CHARLA INFORMATIVA SOBRE O GRADO DE ENFERMARÍA IMPARTIDO EN CHAVES

O pasado luns 24 de Marzo os alumnos de 2º de Bacharelo A, recibimos unha charla informativa sobre o Grao de Enfermaría impartido en Chaves, unha opción á que recorren moitos dos estudantes da nosa comarca unha vez rematados os estudos do bacharelato.

O acceso a este grao é relativamente doado: para aqueles que superasen o bacharelato basta con aprobar a materia de bioloxia nas PAU e acompañar este certificado da documentación requerida no centro (DNI, pasaporte, papeis de inscripción...) . Ademais plantéxase a opción de cursar o grao tamén a maiores de 23 anos tendo como único requisito superar un exame de Bioloxía e outro de Portugués.

A Escola Superior de Enfermaría “Dr. José Timóteo Montalvão Machado” está situada en Outeiro Seco, a uns 5 minutos do centro de Chaves e aproximadamente a 20 km de Verín.

As materias que se cursan neste grado son prácticamente idénticas ás impartidas nas Universidades Galegas. A única diferencia é que se imparte a maiores un idioma a escoller entre Francés, Inglés ou Portugués.
Para todos aqueles interesados en seguir formándose na rama de Saúde, esta non deixa de ser unha moi boa opción a ter en conta unha vez rematado o Bacharelato.
Brais Quintairos

Ningún comentario:

Publicar un comentario