04/04/2014

CONCURSO DE RELATOS INSPIRACIENCIA

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Combinalas pode xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, dende a ficción.
Modalidade única. Poderanse presentar relatos curtos dunha extensión máxima de 800 palabras.
Categorías. O concurso ten dúas categorías: público xeral (a partir de 18 anos) e público xuvenil (de 12 a 17 anos). Os participantes deben rexistrarse e poden enviar un relato curto en calquera lingua do concurso (catalán, castelán, galego e éuscaro). Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas.
Linguaxe. Os relatos poden estar escritos en catalán, en castelán, en éuscaro ou en galego.
Consulta as bases do concurso e inspírate!
http://www.inspiraciencia.es/gl/

Ningún comentario:

Publicar un comentario