03/04/2014

PRÁCTICAS DE DISECCIÓN DE ÓRGANOS

Nas últimas dúas prácticas de laboratorio que tivemos, realizamos a disección dun pulmón e dun corazón, os cales eran de porco, de cordeiro ou incluso de vaca. A finalidade, era o estudo anatómico destes óganos, así como o funcionamento de cada unha das súas partes principais, fixándonos na forma, tipo de tecido, consistencia, tamaño, dureza, etc.
O certo é que foron experiencias moi enriquecedoras. Era a primeira vez que facíamos unha práctica deste tipo, e por iso estabamos bastante emocionados. Ninguén tivo problemas, nin sequera noxo á hora de manipular os órganos, e por iso, aínda que tiñamos un procedemento establecido que todos seguimos, experimentamos pola nosa propia man, cortando e tocando onde queriamos. Ademais, gracias á isto puidemos adquirir habilidades na disección de estruturas corporais, o que nos vai ser moi útil para os nosos estudos posteriores, nos que seguraremte todos teñamos que facer cousas deste tipo, debido ao bacharelato que estamos a cursar.
Agora despertouse en nós a curiosidade e a necesidade de seguir explorando desta maneira, para coñecer cada vez mellor como son os seres vivos que habitan o noso planeta, e iso é algo moi positivo.
Persoalmente foron as prácticas que máis me gustaron, e estaría encantada de repetilas pronto.

Inés Vaz Ogando 1ºBACH, A.




Ningún comentario:

Publicar un comentario