14/12/2014

PERIGOS QUE AGOCHAN AS REDES SOCIAIS E VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado luns, así como o anterior a este, déronnos unha charla durante a última hora da mañá; na hora de Titoría. A charla trataba sobre os perigos que agochan as Redes Sociais, así como unha larga lista sobre os problemas e consecuencias que todo isto provoca: Sexting, Grooming…E diferentes tipos de problemas que derivan do acoso mediante Internet.

Todos algunha vez na nosa vida, ou case todos, escoitamos falar, e probamos, o Facebook, Tuenti, Instagram, e demais redes Sociais que tanto usamos os adolescentes. Pero, realmente coñecemos tanto como pensamos o que estamos a utilizar? Probablemente non.
Debuxo de Alba Sanín Rodríguez


Unha foto, xunto coa típica localización do lugar de onde nos atopamos, pode acabar sendo catastrófico, así como vellas fotos que nos nosos tempos “mozos” colgamos na rede, e xa nin sabemos da súa existencia; pero aí están, a man de calquera persoa, que pode utilizalas ó seu antollo.


Pensaches en algo parecido mentres lías isto? Entón é probable que ti tamén teñas múltiples contas que xa non utilizas nas que no seu momentos colgaches numerosas fotos.
Internet non é, nin será, unha ferramenta fácil de utilizar, tal e como nos mostraron na charla, polo tanto debemos absternos de non facer algo que non nos gustaría que nos pasase a nós, e ser conscientes do que enviamos ou colgamos en Internet; pode que en pouco tempo acabemos por arrepentirmos diso. Temos que ser conscientes do que é bo e do que non, por exemplo: enviar unha foto de nós mesmos nun momento comprometido a alguén que hoxe ten a nosa confianza, pode acabar completamente mal se no día de mañá, esa persoa deixa de manter unha relación cordial contigo e difunde esa imaxe por toda a rede; non creo que fose do noso agrado. Así, debemos diferenciar que unha relación mediante as redes socias, sempre vai ser completamente diferente ca unha con unha persoa que ves todos os días, unha relación que se basea, na maioría do tempo, en estar pegados os teléfonos, ten máis posibilidades de acabar convertida nunha relación na que un “maltrate”,aínda que de xeito involuntario e de maneira débil, á outra persoa; unha relación así, controladora, posesiva, de ameazas, non é boa, non nos pode acabar achegando nada bo.
Polo tanto, Internet é unha arma de dobre filo, a nós pode parecernos que é algo xenial, no que compartir as nosas vidas, pero que á larga, pode acabar devolvéndonos a xogada. A túa vida é tía,e non tes a necesidade de compartila con ninguén.
Ana Manso de 3º ESO C

Ningún comentario:

Publicar un comentario