15/12/2014

A CIRURXÍA ESTÉTICA EN ADOLESCENTES

A cirurxía estética é empregada para mellorar a aparencia física, ou para corrixir un problema físico dalgunha persoa.

Antigamente a cirurxía estética era empregada soamente para mellorar a saúde do paciente, utilizada por primeira vez despois da Primeira Guerra Mundial nos mozos que viñan con secuelas físicas.

O adolescente que se realiza unha operación de cirurxía estética busca encaixar e evitar posibles burlas ao contrario que os adultos que buscan aparentar máis novos.
Poderiamos considerar que a cirurxía estética en adolescentes ten vantaxes como a rinoplastia que nos axudaría a respirar mellor ou que mellorará a autoestima e o carácter do paciente e as súas relacións sociais, pero estas vantaxes van unidas a unha serie de desvantaxes.

As operacións de cirurxía estética poden ter complicacións e contraer infeccións, a lista das complicacións e longa como a parálise parcial ou total da cara, danos nos nervios, dano cerebral, etc. Existe tamén o risco de morte, o arrepentimento porque os resultados non foron os esperados, é custosa e pódese converter nunha adicción.
A adolescencia é unha etapa conflitiva e de inmadurez, e ás veces de baixa autoestima ou medo. Todo isto fan que a adolescencia non sexa unha boa etapa para decidir sobre unha cirurxía estética.

Os desordes alimenticios, a percepción da propia imaxe ou a necesidade de adecuarse aos “canons” que estean de moda afectan aos adolescentes e entre o grupo deles que máis demanda as operación estéticas son rapaces e rapazas que apenas alcanzan os dezaoito. O motivo: moda das cirurxías estéticas como regalo.
O procedemento que se debería seguir se consideramos  una operación deste tipo, sería pensalo debidamente porque non é algo que haxa que tomalo á lixeira, consultalo cos pais e acudir a un psicólogo, verificar que o cirurxián teña credenciais e desconfiar das ofertas relativamente baratas.

Todos temos características que nos distinguen doutros seres humanos e que nos fan únicos. Hai moitos rasgos que son difíciles de levar como as orellas e nariz grandes pero que non impiden o funcionamento normal da personalidade.

A intelixencia, a graza, a alegría son valores que atraen aos demais e que non poden ser arranxados ou cambiados mediante una cirurxía.


Recoñecernos coa nosa propia imaxe na adolescencia é difícil se non estamos satisfeitos con noso corpo,  pero a solución non é cambiar todo aquilo que nos molesta, a forma de superalo é desenrolando una autoestima forte, porque non somos nin una nariz, nin unas orellas, nin uns peitos.

Texto de Andrea Álvarez Salgado e Andrea Limia Sánchez de 1º BAC A

Ningún comentario:

Publicar un comentario