02/02/2015

DÍA DA PAZ. É A GUERRA

O grupo de teatro ofreceunos unha marabillosa representación para conmemorar o Día Da Paz. Parabéns aos organizadores e aos rapaces que participastes





Ana Salgado de 3º ESO C resúmea así:
"A obra de teatro que foi representada o pasado venres é unha parodia sobre a guerra e está dividida en seis escenas.
Na primeira escena aparecen unhas enfermeiras presentando a obra e facendo un discurso entre todas elas.
A segunda escena desenrolase nun cuartel durante unha noite de garda na que aparecen catro soldados , os cales non recordan o contrasinal pero encontraron un sobre onde a parecía o contrasinal desde día , xa que tódolos días o cambiaban, pero de repente aparece o capitán pedíndollo , e cando llo din o capitán di que que é incorrecto xa que son máis das doce da noite polo tanto o contrasinal cambiou.
Na terceira escena volven aparecer as enfermeiras facendo outra parodia sobre a guerra.
A cuarta escena componse de catro soldados feridos pola guerra que vas ser premiados por unha medalla cada un , onde contan as causas polas que están feridos e ao final os catro soldados e o capitán van ao cine , xa que non querían quedarse ao discurso das medallas.
A quinta escena é a da borracheira, na que o día anterior o capitán estivera borracho e non recordaba nada, entón o soldado que estaba de garda apuntou no parte que o capitán chegara nese estado e o capitán botoulle a bronca por por iso xa que non recordaba nada.
A última escena é un episodio no campo de batalla onde se explica  que hai dous exércitos , primeiro preséntanse e os capitáns dan un discurso e a continuación din que ataquen e de repente sae un soldado que quere sacarse unha foto co inimigo e así o fan todos , ao rematar os capitáns din de novo que ataquen pero non disparan un exército contra o outro senón que lles disparan a eles.

E por último volven repetir esta ultima escena pero non lles disparan aos capitáns si non que disparan contra o público caramelos."

3 comentarios:

  1. A obra o que dá a ver é unha crítica sobre a guerra,e reflicte a importancia da paz na Terra.
    Os actores foron xeniaiss,a obra fixerona moi ben porque foi unha comedia moi divertida. A min,deixoume abraiado a obra de como facian rir a xente,tamén gustoume a música de fondo,moi boa para poder imaxinar mellor o escenario.
    As partes máis graciosas foron dúas:
    -Cando fusilan aos comandantes.
    -Cando nos lanzaron caramelos,foi todo un detalle.


    Sergio Pérez Rivas. 3º ESO C

    ResponderEliminar
  2. A obra que vin o venres pasado pareceume moi divertida ainda que eu xa sabia o que ía pasar en cada momento,xa que estiven nos ensaios.

    Aarón Vaamonde Ginzo. 3º ESO C

    ResponderEliminar
  3. A min esta obra pareceume moi divertida. Os seus actores interpretaron ben os seus personaxes, e a forma de interpretar a guerra pareceume estupenda para manifestarse contra ela.
    Pola contra, a obra pareceume algo curta, pois dese argumento poderíase aproveitar algo máis.
    En xeral, disfrutei moito e paseino xenial nesta actuación.

    Alfonso Seoane González de 3ºESO C

    ResponderEliminar