10 de feb. de 2015

QUERE EN GALEGO

Quizá che soe a sorpresa recibir noticias miñas, ou poida que ata nunca chegues a saber da existencia destas liñas: o temor sempre me gaña o pulso. Pero non por iso vou deixar pasar a oportunidade de viaxar a aqueles pasados días que pasamos xuntos; a aquel verán, con cheiro a salitre e follas secas como recordo, con antigos álbumes de fotos como único recordo.
Onte, vin a lúa reflectirse sobre o lago onde adoitabamos bañarnos, e os grillos que fixeron de orquesta para os nosos encontros nocturnos. Vino, escoiteino, e recordei moitas cousas que me acariñaron como tímidos raios de sol que tanto me gustan. Así, descubrín o moito que me gustaba o teu suave pelo, e de como o añoraba. Tamén me gustaba demasiado o teu sorriso, tanto, que afacía perfilala sobre páxinas en branco. Enchín cadernos, cartafois, armarios; co único tesouro do teu sorriso plasmado nelas. Tamén me gustaban os teus ollos, ligeramente rasgados, da cor do trigo estival que tanto me gustaba. Cando rías, oh, cando rías! O meu mundo iluminábase completamente, e o seu doce son acompañábame como unha nana todas as noites. Tamén recordo como afacía perderme entre os lunares das túas costas, buscando a Orión, ou á grandísima Osa Maior, e ás veces, en segredo, sentíame astronauta cando viaxaba contigo á lúa. E as túas mans, malditas sexan as túas mans! Encaixaban perfectamente coas miñas, pequenas en comparación coas dúas estrelas do ceo que para min eran as túas; e por iso, e pola gran tolemia que teño, aspiraba a coller esas estrelas coas miñas mans. Agora podes ver que me encantaba todo de ti, todo, dun xeito demasiado grande; tiña sentimentos que non me entraban no peito, como bandadas de paxaros que pugnaban por saír libres da súa gaiola. E eu quería, xúrocho, quería deixalos saír e ver como voaban aos teus brazos, para atopar un fogar sobre o seu peito. Pero tiña medo, moito medo; a non ter alí, na impecable textura da túa pel, un fogar para acollerme a min. Agora seino, sei demasiado ben que tiñas unha habitación para min, amueblada e decorada para acollernos aos dous, e que se quedou baleira, esnaquizada, afundida. Puiden coller as chaves para entrar nela, pero deslizáronse sobre a palma da miña man, rabuñando con saña a miña pel, e deixaron feridas que xa non sei si poderanse curar.
Ana Manso de 3º ESO C


Ti? Si, ti. A ver, eu non creo moito nestas merdas de San Valentín, pero parecinme un bo pretexto para escribirche. E velaquí o meu problema, non son bo escribindo e probablemente noutras moitas cousas tampouco, pero algo que si se me dá ben é saber que es preciosa, e recordalo todos os días.

Sería moi atrevido dicir que me gusta todo de ti?

Estou convencido que a maioría das decisións que tomei na miña vida, son boas, e ti es unha delas. Pero a pesar de que ás veces me fas os días un pouco duros, os días non serían días sen ti

Gonzalo García de 3º ESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario