25/04/2016

VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DE A CORUÑA

O venres 22 de abril de 2016, oitenta e catro alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitaron os "Museos Científicos" de A Coruña acompañados por profesores dos departamentos de Tecnoloxía, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.
Pola mañá foron ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), a Domus e ao Aquarium Finisterre. Mentres que pola tarde estiveron na Casa da Ciencias.
Ademais, na Domus, un grupo de vinte e catro rapaces de bacharelato participaron nun obradoiro para fabricar un medicamento fronte ao Parkinson.





Ningún comentario:

Publicar un comentario