12/04/2016

VISITA CORO IES VAL DO TEA

 O luns 4 de abril tivo lugar no salón de actos a actuación de alumnos do IES Val do Tea, na que o seu coro interpretou diversas cancións de películas moi coñecidas, pero todas elas cantadas en galego. A continuación, sorprenderonnos os rapaces de segundo, terceiro e cuarto da ESO, tocando a flauta, a batería e a guitarra eléctrica, interpretando cancións como o “Himno da alegría” ou “Nothing else matters” entre as máis coñecidas.

 Nesta reunión acudimos os alumnos de cuarto da eso e primeiro de bacharelato coa optativa de música debido ao pouco aforo dos salón de actos. A pesares da súa duración dunha hora e media foi un concerto moi entretido e que fixo pasar o tempo moi rápido.


Ánxela Blanco


Ningún comentario:

Publicar un comentario