A roda dos alimentos describe a importancia relativa na nosa dieta dos diferentes grupos de alimentos, mediante o distinto tamaño dos correspondentes sectores. Os sectores que teñen a mesma cor inclúen alimentos que realizan funcións semellantes:
- Cor amarela: Grupos I e II con función enerxética.
- Cor vermella: Grupos III e IV con función plástica.
- Cor verde: Grupos V e VI con función reguladora.
Os alimentos que deben consumirse en ocasións esporádicas, aparecen representados cun tamaño reducido respecto aos de consumo frecuente. Ademais, inclúe unha mención explícita ao exercicio físico e a necesidade de inxerir auga en cantidades suficientes para ter unha dieta saudable.
A continuación aparecen as imaxes das rodas de alimentos realizadas por los alumnos de 3º ESO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario