5 de dec. de 2016

AS NENAS E OS NENOS SOLDADO

O día 1  de decembro, os alumnos de bacharelato acudimos a una charla sobre os nenos e as nenas soldado, un tema moi grave na actualidade.
A charla comezou cunha breve introdución sobre que eran os nenos e nenas soldado. Son nenos de menos de dezaoito anos que foron recrutados de forma violenta, sobre os que se abusa psicoloxicamente con ameazas para combater nas guerras. As persoas que os recrutan son soldados do exército que tamén combaten nas guerrillas e que adestran a eses nenos para que eles tamén loiten.
Preto de 300.000 nenos e nenas están sendo obrigados a loitar en guerras actualmente, una cifra totalmente preocupante. Estes nenos e nenas forman o 10% dos ocupantes de moitos exércitos.
O país máis afectado é África, e dentro dese continente son países como República do Congo, Chad e Sudán os que máis involucrados se ven neste problema social. A parte de África tamén hai outros países nos que hai nenos e nenas soldado, como son Afganistán e Colombia, entre outros.
Na charla tamén se falou de Momar Badiane, un fotógrafo senegalés que realizou una exposición de fotografías sobre como se recrutan e se empregan ós nenos soldados.
Posteriormente, proxectáronse una serie de vídeos sobre este tema.
O primeiro vídeo trataba sobre varios testemuños de persoas que foran recrutadas cando eran moi cativos e sobre a parte máis difícil desa vida tan dura, que era a reintegración social. Cando eses nenos e nenas conseguían escapar desas guerras, a sociedade non adoitaba confiar neles, polo que era moi difícil a súa reinserción.
Nese mesmo vídeo, fíxose una pregunta moi interesante: Cando se deixa de ser vítima e se comeza a ser vitimario? É dicir, en que momento deixan os nenos de ser vítimas dun recrutamento e en que momento comen a ser asasinos, xa que aínda que o fagan de maneira formada, eses nenos ,na guerra, matan persoas.
En canto ao segundo vídeos, era un vídeo sobre unha historia concreta, a de un neno que non recordaba o seu verdadeiro nome, xa que cando estes soldados o recrutaron, asignáronlle un alcume de guerra.
O terceiro vídeo trataba sobre unha serie de testemuños de nenos que foran soldados xa dende moi cativos.
Por último, vimos un vídeo musical no que a canción trataba sobre os nenos e nenos soldados, e que foi composta por un famoso cantante español.
En canto a miña opinión, está claro que estou en contra desta atrocidade. Paréceme surrealista que en pleno século XXI siga existindo isto, cando nunca tivo nin sequera que comezar.
É moi triste o que lle fan a eses nenos, arrebatarlles os seus dereitos, obrigalos a empregar armas e ata matar xente, ás veces incluída a súa familia, con tan pouca idade, e aínda que tiveran moitos máis anos, seguiría sendo algo que non se podería consentir.
Isto é un grave problema social que deixou máis de dous millóns de mortes, unha cifra extremadamente alta.
Por sorte, a ONU programou un plan de axuda para baixar esa cifra de nenos e nenas recrutadas. Ao parecer está funcionando, pero non elimina de todo o problema.
O máis grave de todo, é que isto non é unha situación actual, senón que sempre existiron nenos e nenas soldados, e parece mentira, que pasados tantos anos non se conseguirá rematar con isto.
  
Saioa Zozaya Fernández

1º Bach A



Hoxe tivemos unha charla sobre a situación de nenos e nenas soldado en países do 3º e 2º mundo, e de como son adoutrinados, formados e a súa vida adulta.
A gran maioría dos nenos soldado son basicamente escravos tomados tras a conquista dun territorio, os pobres rapaces son extraídos de toda vida anterior que tiveran, e a súa educación é substituída polo ensino de calibres e armas.
Logo, presentaron os dous futuros posibles para os nenos soldado; un deles, o descenso na ira, no que un neno soldado en África se converteu nun sanguinario asasino de masas. Que hoxe en día se atopa en espera de xuízo, aínda que moitos dubidan no procedemento, no que me atopo, pois por unha parte, esa persoa atópase trastornada pola súa infancia, pero pola outra, o cortés non quita o valente, cometeu os crimes a conciencia.
Tamén se viu a outra cara da moeda, unha muller en Colombia, criada nas FARC, e reintegrada na sociedade, conseguiu adaptarse e mesmo ela fundou unha sociedade para ex-Nenos Soldado.
A situación continúa sendo que hai 300.000 nenos soldados aí afora, sen eu non poder facer moito por eles.
Jesús Alberto Raquel Pallares
 1ºBach A



Estes, son nenos e nenas de entre 6 e os 17 anos aos que obrigan a coller un arma para asasinar.
Si, isto é unha triste realidade que leva ocorrido dende hai moitos anos, por non dicir toda a vida. Eu coñecía isto, pero non sabía que puidese ser tan grave, non ata hoxe. O noso instituto convidou a Roberto Mansilla Blanco, que tivo o pracer de achegarnos información sobre estes casos. Comentou moitas cousas, e púxonos vídeos que a algúns de nós, puxéronnos a pel de galiña.
Aproximadamente arredor do mundo hai uns 300.000 nenos e nenas soldado. Primeiro fan a estes nenos vulnerables psicoloxicamente para que vaian con eles. Falounos sobre Momar Badiane, que é un debuxante senegalés que fai unha denuncia sobre estes nenos.

Tamén nos falou sobre Ongwen que foi un neno soldado dende os 10 anos e ao que xulgaron de todos os delitos que cometeu de adulto cando foi comandante dun grupo guerrilleiro.
Nun dos vídeos, aparecía unha rapaza que foi a un grupo de reintegración de nenos soldado, e falaba de que o peor é volver a integrarse nunha sociedade, porque non ten casa, nin diñeiro, nin emprego, está sen nada.
Estes nenos son como escravos, e prívanos dos seus dereitos, de ler, de escribir…
“Non sei nin ler nin escribir, pero sei o nome de todas as balas e metralladoras que hai”, estas son as palabras dunha nena que se atopa nesta situación.

Eu opino que é moi triste que rapaces da nosa idade e máis pequenos teñan que sufrir iso, pasar toda a vida loitando en conflitos que nunca terminan, e aínda que acaben, estes nenos teñen moito rancor acumulado. Moitas veces os comandantes míntenlle aos nenos para que maten, por exemplo, dinlle que eles foron quen mataron aos seus pais e teñen que vingar a súa morte. Os nenos teñen que xogar, ter unha infancia, aprender a ler, a escribir.

Elena Texeira Alvar
1º Bach A

Ningún comentario:

Publicar un comentario