Hoxe 19 de
outubro ás 11:20 da mañá, numerosos alumnos de todos os cursos concentrámonos na
entrada do IES Xesús Taboada Chivite. Ademais dun minuto de silencio en nome
das vítimas, quixemos facerlles unha homenaxe, mediante a palabra.
Cun motivo, unha razón. Un manifesto, por unha causa:
O total rexeitamento aos incendios forestais.
Aquí está, a continuación o discurso lido:
Cun motivo, unha razón. Un manifesto, por unha causa:
O total rexeitamento aos incendios forestais.
Aquí está, a continuación o discurso lido:
MANIFESTO EN REXEITAMENTO DOS
INCENDIOS FORESTAIS
Nas últimas semanas, como todos sabemos, as nosas vidas estiveron en
xogo.
Non somos quen de asimilar, o
prezo que moitas familias están a pagar agora mesmo, nestre intre, e posiblemente
mentres pronuncio estas palabras, un pai, unha nai, un avo… ou unha nena, están
chorando de rabia e impotencia porque nada queda… daquelo que chamaban fogar.
E se fosemos nós? E se estivesemos
na súa pel? Onde está agora a Galiza verde que tanto nos enche o corazón?
216 incendios rexistrados, catro vítimas mortais xunto cunha trintena no
país veciño, Portugal, que por suposto está terriblemente afectado. Isto non é
un problema de España e para España, isto é un suceso enfermizo que se está a
espallar á velocidade da luz, e moitos ignoramos as consecuencias que poden
conlevar, e o que é peor, AS CAUSAS. Causas que por moito que nos enfade
admitilo, residen na errónea política actual.
DEBEMOS POR EN MANIFESTO OS NOSOS DEREITOS, EN ESENCIAL, O NOSO MAIOR
DEREITO, A VIDA.
Este dereito estase vendo quebrado, non só polos coñecidos ‘’incendiarios’’
senón por unha serie de intereses moi claros no ámbito estatal, que poden
desatar sucesos como os ocorridos nas últimas horas.
SE O POBO FALA, debe ser escoitado. SE O POBO PIDE AXUDA, debe ser
axudado. Non témo-los medios suficientes para combatir estas adversidades, e ao
igual que nós temos dereitos, os gobernantes teñen DEBERES, deberes que á súa
vez deberían ser inamovibles. A nosa terra, está sendo asasinada, e non
queremos ver onde reside realmente o problema. Só unidos podemos cambialo. Informádevos. Cómpre facelo.
Esther Santiago Casares 2º Bach B
Ningún comentario:
Publicar un comentario