10 de out. de 2017

RESEÑA "MUSICAL GREASE EN OURENSE"




O día 2 de outubro para nós foi algo moi especial, xa que  ``Grease´´ é o noso primeiro musical e representámolo no Auditorio Municipal de Ourense.
Quedamos en reunirnos todos ás 6:45h, para coller o autobús, pero non saímos ata minutos máis tarde.
Cando chegamos alí eran as 7:45h e o primeiro que fixemos foi dirixirnos aos camerinos e colocar o decorado no escenario.
Vestímonos para poder ensaiar algo antes de actuar. Máis tarde comezaron a tomar asento os rapaces e rapazas dos outros institutos.
A función empezou, e todos estabamos moi nerviosos. Escena tras escena o musical representouse e a pesar de que o público non foi o mellor que tivemos, a ovación que recibimos, pagou a pena todos os esforzos durante o curso.
Cando rematou o espectáculo, recollemos todo e encamiñámonos cara o centro comercial para comer, comprar e lecer ata as 16.30h, que foi cando o autobús nos pasou a recoller para realizar a viaxe de volta a Verín.
Temos claro que participaremos no seguinte musical, xa que foi unha experiencia inolvidable.

          María Pérez e Laura Seoane, 3º ESO A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario