O
mércores día 21de febreiro impartiuse unha charla sobre a doazón de órganos para os
alumnos de primeiro de bacherelato, onde se nos falou da importancia que ten
doar órganos.
A
día de hoxe, en España realízanse entre dous e tres transplantes diarios. Para
realizar estes transplantes, existe unha lista de prioridades e aquelas persoas
que teñen máis risco de morte, son as primeiras en ser transplantadas. En
practicamente todos os casos, os doantes son descoñecidos. Pero non todos
podemos ser doantes, por exemplo, se hai risco de empeorar a saúde ou morrer, o
doante será betado de doar, maioritariamente todos os doantes son persoas xa
falecidas.
Actualmente
podense transplantar practicamente todos os órganos e técidos do corpo e nos
últimos anos incrementouse o número de doantes tanto por comunidades como a
nivel xeral no país.
Previamente
o transplante, compróbase que o órgano estea en ben para ver se é valido ou
non.
En
Galicia, só se realizan transplantes en dous hospitales. Un dos transplantes
máis común é o de ril, normalmente o doante soe ser un familiar para garantir a
compatibilidade. Por outra banda, o transplante de pel realizase en xente con
queimaduras importantes.
Para
evitar o rexeitamento de órganos, normalmente dánse uns fármacos, que evitan
ese rexeitamento; os primeiros aparecen en 1960 e en 1967, realizase o primeiro
transplante de corazón.
Segundo
a lei española, todos somos doantes a non ser que manifestemos en vida
oposición.
A
maioría dos órganos doados, son doados por cádaveres. Un cádaver pode doar:
Ril, figado, corazón, púlmons, páncreas e intestinos, en canto a técidos doa:
córneas e técidos osteotendinosos entre outros.
No
futuro cálculase que a doazón terá novos
inmunosupresores, órganos artificiais, clonación de órganos e incluso a
posibilidade de realizar transplantes de órganos de animais a persoas.
Uxía CarneroRodríguez 1º BAC B
Ningún comentario:
Publicar un comentario