Na entrada do instituto instalouse un bosque máxico e poético, que recibe pingas de auga con recomendacións de consumo responsable.
Toda a estrutura foi deseñada e montada polo profesor Jarvier Rodríguez, empregando tres elementos:
- Os debuxos de árbores realizados polos alumnos de 1º e 3º ESO coa profesora Margarita García. Podedes velos todos premendo na seguinte LIGAZÓN.
- As pingas de auga de consumo responsable, feitas polo alumnado de 1º ESO, baixo a supervisión das profesoras Iria Relova e Rosario Romero.
- Os poemas compostos polos alumnos de 1º ESO A e C a petición do profesor Xabier Álvarez, despois de contemplar os debuxos das árbores. Podedes lelos premento na seguinte LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario