Actores e actrices da compañía de teatro do noso centro "A Tecedora de Soños" realizaron no Balneario de Caldeliñas (propiedade do Concello de Verín) varias probas escenográficas co obxectivo de determinar se o espazo sería óptimo para acoller representacións teatrais.
Concretamente, comprobouse a acústica e os diferentes escenarios do entorno a través do ensaio da obra "Lisístrata", de Aristófenes.
O resultado da proba foi un éxito. As condicións de Caldeliñas son óptimas para a representación de obras clásicas, tanto pola acústica como pola distribución dos espazos. Queda agora en man das compañías solicitar ó Concello o acondicionamento do antigo balneario para albergar ó público, e a proposta de obras que poidan ser representadas no lugar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario