O luns, 29 de outubro, ás 16:40, púxose en marcha o "PROGRAMA TEI" (Titoría Entre Iguais), por terceiro ano consecutivo, co acto de presentación das parellas alumno titor-alumno titorizado.
Este programa está deseñado como unha medida preventiva contra a violencia e o acoso escolar. Os alumnos de terceiro curso de secundaria titorizarán aos de primeiro.
Previamente tiveron lugar varias sesións informativas para o alumnado titorizado, o alumnado titor e as familias. Nestas sesións explicáronse as características do programa, os obxectivos, o procedemento de intervención e o calendario de actividades.
Se queres atopar a foto co teu titor ou titorizado, preme na seguinte LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario