2 de feb. de 2020

APROXIMACIÓN FACIAL Á ANTROPOLOXÍA FORENSE: CIENCIA E ARTE AO SERVIZO DA HUMANIDADE


O día 2 de febreiro tivemos a sorte de contar no noso instituto co antropólogo forense, Fernando Serrulla e con Alba Sanín, estudante de Belas Artes e antiga alumna do centro. Impartiron unha charla moi interesante sobre a aproximación facial á Antropoloxía Forense para alumnado de 4º ESO e de 1º de bacharelato. Ademais, Fernando tamén desenvolveu un obradoiro con ósos reais dun feto de seis meses, dun adolescente e dun adulto para o alumnado de Anatomía Aplicada.


Moitas grazas aos dous por vir ao Chivite  e acercar a investigación científica á escola.
Podedes ver as imaxes desta actividade premendo na seguinte LIGAZÓN
Tamén podedes ler o resumo da charla e do obradoiro, así como a valoración persoal de Sheila Prieto Estévez de 1º BAC A, nesta LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario